Eventos
Ven | ||
---|---|---|
O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais. Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións. E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ. Venres 2 de 12:20h a 14:00h, para alumnado de 4º de ESO, mesa redonda con Montse Fajardo e Mª do Carmen Rey como mulleres transmisoras da memoria histórica. Actividade arredor da conmemoración do Día da Muller promovida polo Departamento de Historia e a Biblioteca. |