Skip to Content

REDES SOCIAIS, PERIGOS E MARCOS LEGAIS

02/03/2018

 

O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais. 

Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.

E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.



story | by Dr. Radut