Eventos
Xov | ||
---|---|---|
O martes 20 de febreiro fixemos unha ruta de sendeirismo no Pindo, e o rematar visitamos a cascada do Ezaro. Foi unha actividade conxunta entre os ciclos de Arteixo, Ciclo Actividades Gondomar e Porto do Son. Non hai nada mellor como xuntarse con persoas cos mesmos intereses que ti e compartir momentos, logros, erros, aprendizaxes, ... tanto profes coma alumnos/as. Os/as nosos/as alumnos/as fixeron de guias para os/as outros/as (aprendizaxe-servicio), unha masterclase que vale por 3, tantos como ciclos. Houbo xogos, sendeirismo, patrimonio cultural, natural que nos marca o punto de partida para a seguinte actividade... Podedes ver un algunhas das fotos da actividade na nosa páxina de facebook: Ciclo Actividades Fisicas no Medio Natural-Porto do Son.
Nunhas semanas o alumnado da ESO terá unha carreira de orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE da Xunta. O ciclo diseñou e levou a cabo unha sesión sobre orientación deportiva para 1º ESO. Os alumnos e alumnas de 1º fixerono moiiiiii ben, hai boa materia prima. Xa está no forno a segunda sesión que si o tempo o permite levarana a cabo o luns 12 de marzo. Se queredes ver fotos, pinchade aqui.
|