CENTRO

EXPOSICIÓN E CHARLA

En datas previas ao 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, contamos no IES coa exposición AstrónomAs. Dita exposición vai acompañada dunha charla para parte do alumnado impartida pola astrónoma, profesora e investigadora Josefina Ling Ling (Universidade de Santiago de Compostela e Observatorio Astronómico Ramón María Aller).

CLUBE DE LECTURA

Xa lle chegou o turno ao clube de lectura de 3º de ESO a 2º BAC! O pasado xoves tivo lugar a súa sesión de presentación, na que falamos do primeiro título no que nos mergullaremos: Antihéroes, de Iria G. Parente e Selene M. Pascual, unha novela de corte fantástico protagonizada por unha serie de xoves con certas habilidades fóra do normal.

Velaquí un booktrailer:

https://www.youtube.com/watch?v=P_DZv9Wfmks&t=12s

CLUBE DE LECTURA

 

O clube de lectura do IES Pino Manso xa arrincou! O pasado xoves tivo lugar a sesión de presentación co grupo lector de 1º e 2º da ESO. A súa primeira aventura literaria discorrirá a través das páxinas de George, de Alex Gino, un libro moi especial do que o escritor David Levithan afirmou: “É todo o que quero para o mundo, en forma de libro”.

Velaquí un booktrailer: https://www.youtube.com/watch?v=KtRR1i6DF6E

 

 

MARTES DE DAR

Haberá un punto de recollida no IES Pino Manso, podedes consultar a circular informativa enviada dende o Concello clicando na imaxe:

ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO

  • Entrega de premios e reparto de chapas conmemorativas cos deseños gañadores. Noraboa a Antía, Candela e Yanira! 


  • Exposición do mural colaborativo iniciativa do grupo de apoio Espazo Seguro pola Igualdade e a Diversidade coa axuda do alumnado de Plástica de 4º de ESO e Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato.

 

 

Distribuir contido