Ensino Secundario
SAÍDAS DIDÁCTICAS 2018
3º ESO
|
21 DE MARZO |
CASA DAS CIENCIAS (A CORUÑA) Organiza: Dto. Física e Química |
4º ESO
|
21 DE MARZO |
ILLA DE SAN SIMÓN Organiza: Dto. Xeografía e Historia |
1º ESO
|
22 DE MARZO |
CASTRO DE SANTA TECLA (A GUARDA) E VALENÇA DO MIÑO Organiza: Dto. Xeografía e Historia |
1º/2º BACHARELATO
|
21-23 MARZO |
COUREL Organiza: Dto. Bioloxía e Xeoloxía |
O ALUMNADO DE 3º ESO VISITA Á EXPOSICIÓN "PERGAMIÑO VINDEL" 2018
O departamento de Lingua Galega organizou o 22 de febreiro, para o alumnado de 3º da ESO, unha visita didáctica a Vigo para visitar no Museo do Mar, a exposición do "Pergamiño Vindel": Un tesouro en sete cantigas.
Despois tiveron unha xornada de lecer na praia, aproveitando o bo día.
Profesoras acompañantes: María Pereiro, profesora de Lingua Galega, Araceli Andrade, profesora de Tecnoloxía e María Martínez, profesora de Inglés.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2018
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a Universidade de Vigo convocou a alumnas da ESO de Porriño e de tres centros públicos de Vigo, para participar nos distintos talleres escolares que se organizaron.
Esta inciaiva que se celebra por segundo ano consecutivo, está organizada polas Escolas de Industriales e Telecomunicacións e polas facultades de Bioloxía, Ciencias do mar e Química. Un total de 120 alumnas de 3º e 4º da ESO puideron achegarse ás actividades relacionadas coa termografía, deseño, programación de robots, detección de patoloxías autoinmunitarias, cuantificación de toxinas marinas, etc.
Profesoras acompañantes: Beatriz Lastra, profesora de Bioloxía e Raquel Pereira, profesora de Tecnoloxía
VISITA AOS CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE VIGO 2018
O venres, 2 de febreiro o alumnado de 4º ESO percorreu distintos talleres dos centros de formación Profesional, Valentín Paz Andrade e Manuel Antonio, para coñecer as familias profesionais de grao Medio e Superior que se imparten, dentro do programa de Orientación Profesional que xestiona o departamento de Orientación do IES Pino Manso.
Profesores acompañantes:Sofía Areal, xefa do departamento de Orientación e Aníbal Ucha, profesor de Xeografía e Historia e titor de 4º ESO A.
VIAXE A CANDANCHÚ 2018
O alumnado de 2º e 3º da ESO está a gozar dunha semana inesquecible no Pirineo aragonés (Huesca), acompañados dos profesores Susana Sangiao, Monique Otero e Jota.
UNESCO: "CIUDADES AMIGAS DE LA INFANCIA". 2017-18
O alumnado da ESO do Porriño tivo un punto de encontro no Concello o día 28 de novembro. A alcaldesa Eva de la Torre recibiu aos alumnos e alumnas dos distintos centros educativos porriñeses, que están a desenvolven o proxecto "CIDADES AMIGAS DA INFANCIA"
Os menores participaron activamente no pleno, argumentando aqueles aspectos que para eles e elas eran importantes, co obxectivo de mellorar a vida dos cidadans.
NORABOA A TOD@S!!!!!!!
