Alumnado e familias
INICIO DE CURSO 21-22
- Mércores 15, presentacións 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO segundo o indicado AQUÍ
- Xoves 16, presentacións 4º ESO e BAC segundo o indicado AQUÍ
Recibirán unha mensaxe a través do abalarMóbil informando do grupo ao que pertence o seu fillo ou filla. A aplicación está a dar problemas, agradecemos teñan paciencia.
- As clases de FP Básica comezarán o día 23 de setembro
Bo inicio de curso!
REHABILITACIÓN INTEGRAL DO EDIFICIO
Proximamente, comezarán as obras de rehabilitación do edificio do IES Pino Manso. Este logro é froito da insistencia de sucesivas direccións do centro; somos conscientes de que a execución deste proxecto vai ocasionar trastornos no día a día do centro pola imposibilidade de a desenvolver unicamente en períodos non lectivos. Agradecemos a comprensión de toda a comunidade educativa.
Alegrámonos de que a Consellería e Xefatura Territorial deran este grande paso para o noso centro.
Máis información, clicando na imaxe.
MATRÍCULA 21-22
Información sobre a formalización da matrícula (alumnado que aprobe todas as materias en xuño):
XORNADAS PORTAS ABERTAS ALUMNADO SEXTO PRIMARIA
O luns 24 de maio arrancamos coas Xornadas de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria.
ORLAS 2021
Onte tivemos o acto de entrega de orlas ao alumnado que rematou 2º de Bacharelato. Debido ás circunstancias, non puideron asistir as familias, ás que enviamos os nosos parabéns e un afectuoso saúdo.
O acto estivo presentado por Estela Diz (2º BAC B), Antía Domínguez (2º BAC A) e Alessandro Porcu (2º BAC C), enriquecido musicalmente coas actuacións de Manuela Lema (2º BAC B), Andrés Campos (2º BAC B), Valeria Pérez (2º BAC B) e Martín Rodríguez (2º BAC B).
Rosa Fernández, a directora; Susana Teijeira, ex-alumna, bióloga e investigadora e Mercedes Bangueses, como representante do profesorado, adicaron emotivos discursos ao alumnado.
Tfarah Salec (2º BAC B) foi a encargada de falar en nome do alumnado.
Manolo Bouzas, titor de 2º BAC A, Ana Fernández, titora de 2º BAC B, e Luisa Cazorla, titora de 2º BAC C, fixeron as entregas das orlas e das matrículas de honra. Obtiveron matrícula de honra Ainhoa Cabaleiro (2º BAC A), Alba Gilsanz (2º BAC A) e Lía Lago (2º BAC B), ás que novamente felicitamos.
E no faltaron os tradicionais vídeos recopilatorios do paso polo instituto do alumnado: un de Juan Carlos Lago, profesor de Debuxo, e outro de Sofía Viyella (2º BAC B).
E a vós, alumnas e alumnos que rematades 2º de Bacharelato, darvos as grazas por todo o aportado estes anos ao Pino Manso e desexarvos todos os éxitos e toda a felicidade, tanto a nivel académico e profesional coma a nivel persoal. Apertas!
XORNADAS PORTAS ABERTAS UVIGO
Os días 24 e 25 e maio en horario de 16:00 a 19:00 horas terán lugar as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas teredes a oportunidade de escoitar a responsables das diferentes facultades e escolas da Uvigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.
No seguinte enlace tedes o díptico coa programación proposta: Xornadas Portas Abertas
Dentro de cada área de coñecemento hai unha sala onde vai ter lugar a videoconferencia, tedes que cliclar aí para acceder e poñer a clave que se vos indica para cada sala.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
