Matemáticas
PREMIOS CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Xa temos as gañadoras do concurso de fotografía matemáticas. Noraboa!
Para ver todas as fotografías presentadas CLICA AQUÍ
Grazas polos vosos traballos e participación!
Rally Matemático
Este ano, un grupo de alumnos de 1º ESO participaron no Rally matemático, unha proba que consiste na resolución de 5 problemas adaptados ao nivel de cada curso, pretendendo promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes así como propiciar a resolución colaborativa de problemas.
Participación do alumnado na Olimpiada Científica Xuvenil Internacional
Participación do alumnado na Olimpiada Científica Juvenil Internacional, OCJE.
Estes estudantes de 15 anos enfrontáronse, nesta primeira fase, a unha proba de crecente dificultade, que combinou exercicios teóricos e prácticos en equipo; de bioloxía, química, física, xeología e matemáticas. Para iso tiveron que recorrir, non só a todo o seu coñecemento científico, senón tamén ás súas habilidades deductivas, o seu pensamento creativo, a súa capacidade para o traballo en equipo e a súa vontade de implicarse ao máximo e superarse a si mesmos.
Aquí podemos velos a pleno rendemento. Concentrados, dándoo todo.
CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Xa temos fotografías gañadoras do concurso. As vosas profesoras de Matemáticas faranvos entrega das calculadoras con ilustracións de mulleres matemáticas.
Noraboa ás premiadas!
Compartimos todos os traballos presentados, grazas!
