Xeografía e Historia

SAÍDA FP BÁSICA

2019-05-03 13:09
Europe/Madrid

O departamento de Xeografía e Historia, xunto con Orientación, organizou unha saída didáctica para que o alumnado de 1º de FP Básica coñecera o patrimonio arquitectónico do Porriño, e en particular a obra do arquitecto Antonio Palacios. Visitaron o parque Gonzalo Ordóñez, a Botica Nova e a fonte do Cristo, rematando o percorrido no Concello, onde foron recibidos pola Concelleira de Educación e pola Alcaldesa. No concello puideron ver debuxos orixinais de Antonio Palacios. 

CONMEMORACIÓN 25 NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA HACIA AS MULLERES

2018-11-23 23:52
Europe/Madrid

Na materia de Valores Éticos,coa profesora Olga Cabrinety,  o alumnado reflexionou e traballou durante varias sesións sobre igualdade e a violencia exercida sobre as mulleres, construíndo murais e violentómetros que están expostos polos pasillos do centro.

O equipo da biblioteca,coa axuda das titoras e titores, recolleu testemuñas do alumnado que reflicten a violencia exercida sobre as mulleres:

Tamén se pediu que o venres 23 o alumnado viñera vestido con algunha prenda negra ou morada. O profesorado uniuse á iniciativa. 

 

 

 

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA 18/19

 

PROFESORADO

María de las Mercedes Bangueses Vázquez, xefa do departamento

Olga María Cabrinety Lorenzo

Xoán González Leirós

Sonia Paula Lorenzo Sertaje

Silvia Rivero Dorado

 

PREMIO AO ALUMNADO DE 4º ESO: Certame Cooperativista no ensino 2017

2017-06-12 11:35
2017-06-12 12:25
Europe/Madrid

O alumnado de 4º ESO A,B,C ven de recibir un premio polo traballo desenvolvido na contorna grazas á aplicación openstreetmap.

Baixo a supervisión e asesoramento do ex alumno do IES Pino Manso, Rafael Ávila Coya, os alumnos "mapearon" o Porriño identificando aqueles locais públicos accesibles a persoas en cadeiras de rodas.

Esta iniciativa mereceu o premio "Cooperativismo nas escolas" que entregou a Secretaria territorial da Xunta en Vigo, dona Yolanda Lesmes ás alumnas Leticia Urgal e Selene Ferreira en representación do alumnado.

DATA: 12 de xuño, 2017

LUGAR: Salón de Actos

Xarope Tulú ofreceu a narración-musical titulada "O cardume"

NORABOA!!!!!!!

DEBUXARTE. VÍDEO. DEBUXO ARTÍTICO+ARTE

Proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º de bacharelato nas materias de Historia da Arte e Debuxo Artístico.

"Moita Arte hai no Pino Manso"

Distribuir contido