Lingua Galega

SAÍDA DIDÁCTICA A CELANOVA

O alumnado de 3º de ESO visitou o mércores 29 Celanova. Foron ao mosteiro de San Rosendo, fixeron unha ruta literaria (casas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro), visitaron Vilanova dos Infantes e Castromao.

CABAZAS 1º ESO

O alumnado de  1º ESO, na materia de Lingua Galega e Literatura, traballou sobre o Samaín, que é unha festividade de orixe celta. Como actividade final  decoraron cabazas que, xunto coas doutros centros do concello, adornarán as rúas do Porriño.

 

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA 18/19

 

PROFESORADO

Rosa María Fernández Calvo

Josefa Lojo Pérez, xefa do departamento

María Carmen Pérez Vizcaíno

Victoria Villar Mosquera

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

O ALUMNADO DE 3º ESO VISITA Á EXPOSICIÓN "PERGAMIÑO VINDEL" 2018

2018-02-22 09:35
Europe/Madrid

O departamento de Lingua Galega organizou o 22 de febreiro, para o alumnado de 3º da ESO, unha visita didáctica a Vigo para visitar no Museo do Mar, a exposición do "Pergamiño Vindel": Un tesouro en sete cantigas.

Despois tiveron unha xornada de lecer na praia, aproveitando o bo día.

Profesoras acompañantes: María Pereiro, profesora de Lingua Galega, Araceli Andrade, profesora de Tecnoloxía e María Martínez, profesora de Inglés.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA Á EXPOSICIÓN "PERGAMIÑO VINDEL" 2018

2018-02-20 09:35
Europe/Madrid

O departamento de Lingua Galega organizou, o día 20 de febreiro, unha saída co alumnado de 1º de Bacharelato para visitar a exposición do "Pergamiño Vindel" no Museo do Mar en Vigo acompañados das profesoras: María Pereiro, de Lingua Galega, Sonia Domínguez de Lingua Castelá e Lucinaide Fernández, profesora de Bioloxía.

Saída: 09:35h

Regreso:14:30h

 

 

ANDAINA MONTE DA RISCA-CARRACIDO 2017. SEMANA DE ACTIVIDADES

2017-04-07 10:45
2017-04-07 12:25
Europe/Madrid

ORGANIZADA PARA O ALUMNADO DE 2º PMAR

Distribuir contido