Educación Plástica e Visual
CONCURSO "OLLO DE VIDRO"
Hoxe, 18 de maio, é a final do concurso "Ollo de vidro" dentro da programación do Festival de Cans. Os sete vídeos que aparecen na imaxe son de alumn@s de 4º de ESO de Educación Plástica e foron seleccionados polo xurado para participar en dita final.
Moitísima sorte a todos eles!
POSTAIS NADAL
Xa temos a postal de nadal gañadora entre todas a presentadas na materia de EPVeA de 1º de ESO. Clicade na imaxe para ver unha selección dos traballos presentados e os deseños finalistas e gañador. A postal gañadora é de Xoana Rodríguez Pazo (1º ESO A) e como finalistas temos as de Alejandra Souto González (1º ESO A) e Zoe Estévez Vilariño (1º ESO B).
