Educación Plástica e Visual

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2016-2017. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL

Para consultar:

1- Criterios de avaliación

2- Estándares de aprendizaxe

3- Estratexias e instrumentos de avaliación

4- Criterios de cualificación

Facer clic AQUÍ

FESTIVAL DE CANS 2018

Na semana do 23 ao 26 de maio tivo lugar a XV edición do afamado festival de Cans. Como cada ano o alumnado de 4º da ESO do IES Pino Manso, tivo a posibilidade de visitar algúns dos espazos nos que se proxectaron os curtametraxes.

Ademais o booktrailer titulado "Recoméndoche un libro: O principiño", presentado ao concurso polos profesores Lourdes Manteiga, Monique Otero e Juan Carlos Lago e as alumnas de 2º de bacharelato Laura Lorenzo e Ainhoa Martínez foi merecedor do premio do xurado.

NORABOA!!!!!!!

Para velo só tes que facer clic AQUÍ

FESTIVAL DE CANS 2018

2018-05-24 08:45
Europe/Madrid

O alumnado de 4º ESO, que cursa Educación Plástica Visual e Audiovisual, desprazarase ata Cans para asistir a varios coloquios na compañía do seu profesor Juan Carlos Lago.

24 de maio

OBRADOIRO DE BOOKTRAILER

2018-02-15 12:25
Europe/Madrid

O departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual organizou para o alumnado de 4º da ESO, conxuntamente coa Biblioteca Municipal do Porriño, un taller de booktrailer.

LUGAR: Biblioteca Municipal do Porriño

HORA: 12:25h

CAMILO O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA

2017-03-08 08:45
2017-03-08 10:25
Europe/Madrid

O mércores 8 de marzo, o alumnado de 4º ESO poderá escoitar ao ex alumno Pedro Iglesias que presentará no Salón de Actos do IES Pino Manso o documental "Camilo, o último guerrilleiro de Galicia".

Este traballo, feito por catro estudantes de Comunicación audiovisual da Universidade da Coruña, entre os que se atopa Pedro Iglesias, pretende contar, a través da memoria viva de Camilo de Dios, a historia de moitos homes que defenderon coa súa vida a liberdade.

DEBUXANDO CON ARTE. Curso 2016-17

O alumnado de 2º de Bacharelato expón no recibidor do Instituto as súas creacións. A materia Específica de Debuxo Artístico, que imparte o profesor Juan Carlos Lago, estimula a creatividade, fomenta a destreza e contribue a desenvolver a sensibilidade e o sentido crítico.

Aquí quedan algunhas mostras das alumnas Ana Martínez Carril e Galia Baba Chamah.

          

Distribuir contido