FP Básica
Charla para FPB2
Preparando ao alumnado para a súa inserción no mundo laboral.
O alumnado de FPB2, onte, 14 de marzo, recibiu unha charla formativa sobre como realizar curriculums vitae e como enfrontarse a unha entrevista de traballo.
Aquí os vemos interesadísimos no tema:
PROXECTO OS MUIÑOS DO CASTRO
O 18 de maio, dentro das actividades do Proxecto "Muiños do Castro" estivo con nós Xoan Pereira, presidente a Comunidade Montes de Atios. Gracias por facer chegar ao alumnado de FPB a importancia de poñer en valor os nosos montes e a necesidades de implicarse no seu coidado!
VISITA DA FADA DO ALOIA
Para axudarnos co proxecto RUTA DOS MUIÑOS DO CASTRO de FP BÁSICA estivo con nós o martes 11 de maio Natalia Lago, Fada do Aloia e Educadora Ambiental. Grazas polos trucos ensinados para facer a nosa ruta guiada!
RUTA DOS MUIÑOS DO CASTRO. ATIOS.
FP Básica I: traballando por proxectos. Preténdese poñer en valor o entorno natural e apreciar a riqueza etnográfica da nosa contorna, para facer a finais de mes de guías do alumnado de 1º ESO.
Compartimos fotos da visita feita o 4 de maio polo alumnado de FP Básica I acompañado do profesorado participante no proxecto.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
