FP Básica

RUTA DOS MUIÑOS DO CASTRO. ATIOS.

FP Básica I traballando por proxectos. Preténdese poñer en valor o entorno natural e apreciar a riqueza etnográfica da nosa contorna, para facer a finais de mes de guías do alumnado de 1º ESO.

Compartimos fotos da visita feita o 4 de maio polo alumnado de FP Básica I acompañado do profesorado participante no proxecto.


FINANZAS PARA MORTAIS

O mércores 10 de febreiro o alumnado de FP Básica asistiu á primeira sesión do programa “Finanzas para Mortais”, enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. O mércores 24 de febreiro asistirán á segunda sesión.

Esta convocatoria ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

CHARLA LESIÓNS MEDULARES

O alumnado de FP Básica asistiu o 5 de febreiro a unha charla sobre Lesións Medulares, da asociación AESLEME.

SAÍDA FP BÁSICA

2019-05-03 13:09
Europe/Madrid

O departamento de Xeografía e Historia, xunto con Orientación, organizou unha saída didáctica para que o alumnado de 1º de FP Básica coñecera o patrimonio arquitectónico do Porriño, e en particular a obra do arquitecto Antonio Palacios. Visitaron o parque Gonzalo Ordóñez, a Botica Nova e a fonte do Cristo, rematando o percorrido no Concello, onde foron recibidos pola Concelleira de Educación e pola Alcaldesa. No concello puideron ver debuxos orixinais de Antonio Palacios. 

GAÑADORES ESCAPE ROOM

2019-03-12 13:44
Europe/Madrid

O grupo gañador da ESCAPE ROOM deseñada polo equipo da biblioteca para celebrar o Día de Rosalía é.....

2º FP

Noraboa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

En segundo lugar clasificouse 4º ESO A e en terceiro lugar 1º ESO A.

Distribuir contido