Antigos alumnos
DESPEDIDA A RAMÓN IGLESIAS VEIGA (Moncho): O ÚLTIMO MESTRE DO IES PINO MANSO
Venres, 23 DE XUÑO DE 2017
Hoxe estamos de CELEBRACIÓNS: Temos un xantar para lembrar o tempo compartido e temos a despedida do último MESTRE. José Mª Ramón Iglesias Veiga, para todos Moncho.
Un profesional dos que deixan pegada no alumnado e nos compañeiros de traballo. Un MESTRE que fixo do ensino a súa vida, un compañeiro exemplar, un vocacional do ensino.
GRAZAS Moncho polo legado que nos deixas
Areta Bolado. Premio María Casares
A ex alumna do IES Pino Manso, Areta Bolado ven de recibir o premio María Casares de teatro 2015, que representa á nova xeración de porriñeses que se abren camiño con talento, crendo no que fan e ademais trunfando.
NORABOA
Noraboa Andrea Moreira García
Andrea Moreira García (alumna que rematou 4º ESO PDC no curso 2014-15) resultou GAÑADORA dun dos Premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao Esforzo e á Superación Persoal correspondentes ao curso 2014-15, convocados pola Orde do 24 de xullo de 2015 e resoltos pola Orde do 17 de novembro de 2015.
Por tal motivo o Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa traslada a súa felicitación a todo o claustro de profesorado do IES PINO MANSO
Felicidades, Alba
Alba González Rodríguez, antigua alumna do noso centro, obtivo a mellor puntuación na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela no exame do MIR. Nesta ligazón do Faro de Vigo atopase a entrevista completa. Todo un exemplo a seguir.
