ABAU

INFORMACIÓN ABAU 2023

Podedes consultar toda a información sobre a ABAU 2023 premendo aquí. 

 

MODELOS DE EXAME ABAU 2021

 

O venres 30 de outubro recibimos a seguinte información da CIUG:

Comunícase que a data de hoxe quedan colgados na web da CIUG os *modelos de exames para ABAU 2021*, que manteñen, con axustes, a estrutura básica da ABAU 2020, pois continúa a excepcionalidade derivada da pandemia.

 Podedes consultar os modelos para as distintas materias dende AQUÍ

 

Modelos das ABAU

Os novos modelos de exame para as ABAU 2020 poden descargarse no enlace:
https://ciug.gal/gal/abau/modelos

 

APRAZAMENTO DAS ABAU

Resultado de imagen de IMPORTANTE

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.

Na xuntanza consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes. En canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

 

Distribuir contido