Actividades complementarias e extraescolares

Canto sabes do coronavirus?

Enlazamos a un xogo do SERGAS que permite reforzar ao alumnado o seu coñecemento sobre a COVID 19:

CONSELLOS E OBRIGAS

Compartimos tamén por aquí a cartelería que ten o alumnado nas aulas:

 

PREPARANDO A VOLTA: ALGÚNS CONSELLOS PARA O NOSO ALUMNADO

 

 USO CORRECTO DA MÁSCARA (Vídeo realizado pola Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)

 

CORRECTA HIXIENE DE MANS (Video creado pola Consellería de Sanidade)

 

 

PREMIOS ENTROIDO

Aquí tedes algunhas fotos da celebración do Entroido no Pino Manso. Dende aquí agradecemos a participación do alumnado e do profesorado que se animou a disfrazarse, a bailar, a cantar unha copla ou a facer unha pequena representación teatral.

 

Os premios foron asignados polo noso xurado do seguinte xeito:

Mellor comparsa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO B

Comparsa máis numerosa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO A

Mellor coreografía ou espectáculo: 1º BAC

Mellor copla: 2º BAC

Porta de aula mellor decorada: 1º ESO D

Mellor disfrace ou actuación: Rubén Silva

 

Noraboa!!!!!!

ENTROIDO 2020

Mañá venres teremos a festa do Entroido no instituto.

O tema anual do centro, R que R, Reduce, Reutiliza, Recicla, será o fío condutor do evento.

Nesta ocasión engadimos ás distintas categorías do concurso a decoración das portas das aulas. E temos resultados ben vistosos:

 

Nocións básicas sobre RCP

De novo visitounos persoal da UCI do Álvaro Cunqueiro para dar ao alumnado (esta vez de 4º de Eso e de 1º de Bacharelato) nocións básicas sobre reanimación cardiopulmonar.

Agradecemos de novo á ANPA a organización da actividade.

Distribuir contido