Actividades complementarias e extraescolares
LOURIÑA TV ESCOLAR
Pedro Iglesias, técnico encargado de Louriña TV Escolar, a televisión escolar municipal do Porriño, estivo con alumnado de 3º ESO B na primeira das tres sesións do proxecto deseñado para este curso para os centros escolares do Porriño. Mestúranse elementos teóricos con elementos prácticos, e terá como producto final unha pequena montaxe realizada por Pedro co material de vídeo e audio gravado na aula mailos brutos que entregue o alumnado.
CONCURSO CARTEIS 8 MARZO
Pois xa temos carteis gañadores do concurso de carteis para conmemorar o 8 de marzo, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Na categoría de 1º ESO - 2º ESO, o premio é para Hugo Álvarez Martínez, de 1º ESO E, que presentou:
Na categoría de 3º ESO, 4º ESO e FP a gañadora é Belén Ocampo Falconi, de 4º ESO A, co traballo:
Parabéns, Hugo e Belén! Podedes recoller o voso premio en Vicedirección.
E grazas a todas e a todos por participar. Compartimos os traballos presentados:
ENTROIDO 2021
Hoxe, venres 12 de febreiro, os distintos grupos do centro foron pasando polo noso photocall. Tivemos ambientación musical con cancións elixidas por alumnas de 2º BAC.
Durante a última sesión, escoitamos as coplas gañadoras do concurso organizado por Dinamización Lingüística.
CHARLAS USC - PROGRAMA A PONTE
Esta semana tivemos charlas de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, enmarcadas no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.
O martes 26 de xaneiro o alumnado de Bioloxía de 2º de BAC asistiu á charla VACINAS CONTRA O CANCRO, de Óscar Cordero Santamaría.
O mércores 27 de xaneiro o alumnado de Matemáticas I de 1º BAC A asistiu á charla DATA SCIENCE: ESTATÍSTICA E MATEMÁTICAS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN, de Manuel Febrero Bande.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »