Xeografía e Historia

Proxecto O CINE NO PORRIÑO

Este ano 2013 temos como proxecto de Centro, investigar sobre os cines que tivo o Porriño. O alumnado de 4º ESO fixo un traballo de pescuda e presentación de dípticos alusivos tanto aos distintos cines que tivo O Porriño, como cales eran as temáticas máis valoradas, canto custaban as entradas, horarios, etc.

Unha titoría especial 4º ESO C

Cando un grupo de alumnos/as logra un grado de cohesión importante, os resultados favorecen a todo o conxunto. Máis alá das cualificacións académicas, que sempre son importantes, o logros humanos fan desta profesión docente a razón de ser.

"Congresistas en el tuenti". Carta a Faro de Vigo firmada por 25 alumnos.

 

Tras a visita ao Congreso dos deputados, onde se celebraba unha sesión de control ao goberno, o noso alumnado saíu indignado ante a actitude dalgúns dos representantes de distintas forzas políticas.

Quixeron facer pública a súa decepción, ao considerar que a responsabilidade esixe que cada persoa desenvolva o seu traballo con rigor, capacidade e vontade. Decidiron redactar e firmar unha carta que o periódico Faro de Vigo tivo a ben publicar. Ver adxunto.

Permiso para saídas didácticas organizadas polo departamento de Xeografía e Historia.

O Departamento de Xeografía e Historia, igual que o conxunto de departamentos do IES Pino Manso,  cando organizan saídas didácticas co alumnado, envía ás familias un permiso que deben traer debidamente firmado polo pai/nai ou titor legal do alumno/a, para poder facer efectiva a reserva.

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

 

Os alumnos informáronse dos artigos fundamentais da Constitución, aprobada polo pobo español o 6 de decembro do 1978. Fixeron unha exposición no recibidor do IES Pino Manso para que todo o alumnado coñecera os aspectos fundamentais da Carta Magna.

Distribuir contido