Alumnado e familias

Reserva de Praza para o curso 23-24

Reserva de prazas para o curso 24/25

RESERVA DE PRAZA  - CURSO 2023-24
 
 
Normativa reguladora:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos  que  imparten  ensinanzas de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria,  de  educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
 
Reserva de praza : Prazo de presentación de solicitudes:
 
            do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
(Só para o alumnado procedente de centro adscrito que finaliza a etapa)
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

  • a través da aplicación informática admisiónalumnado,
  • a través da sede electrónica da Xunta de Galicia,
  • ou ben cubrindo o impreso de solicitude   presentándoo físicamente e no prazo indicado na secretaría do centro onde está matriculado actualmente (centro adscrito).

Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado:
                             22 de febrero de 2023

Nota informativa:
 

  • O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto éno que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  • O alumnado  que  ten  presentada a Reserva de Praza no centro de adscrición e desexe presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá renunciar á reserva presentada antes do 1 de marzo de 2023.No caso de non ter presentada a renuncia, poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

 
Centros adscritos ao IES Pino Manso:
 
CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López -  (ESO)
CEIP Plurilingüe de Atios -  (ESO)
CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga - (Bacharelato)

 

Bo Nadal

Coa Postal de Nayara Estévez Rivas de 1º ESO D, gañadora do concurso que se celebra todos os anos no noso IES, queremos desexarvos a tod@s un moi Feliz Nadal, e un próspero ani novo, que veña cargado de boas novas e vivencias.

Bo Nadal,Bom Natal,  Feliz Navidad,  Joyeux Noël, Merry Christmas!!

Incidencias APP Abalar móbil

INCIDENCIAS APP  ABALARMÓBIL
 

  1. Desinstalar e volver a instalar a aplicación.

Pasos a seguir segundo o tipo de teléfono:

ANDROID:

Versións 6, 7 e 8:

1. Axustes> Administrar aplicacións, e seleccionar AbalarMóbil.
2. Unha vez en AbalarMóbil, seleccionar notificacións e revisar que estean activadas.

Versións a partir da 9:

1. Axustes> Aplicacións e notificacións, (depende da versión despois hai que seleccionar notificacións e logo notificacións de aplicacións ou notificacións de aplicacións directamente).

2. Unha vez se vexan todas as aplicacións revisar que AbalarMóbil estea activada (en verde), tamén hai un botón xeral en que se ve se están activadas as notificacións para todas as aplicacións, pero poden estar activas e denegadas só para AbalarMóbil polo que sempre hai que revisar que AbalarMóbil estea activa.

IPHONE:

1. Asegurarse de que a app admite notificacións. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e asegurarse de que “Permitir notificacións” estea activado.

2. Se as notificacións están activadas para unha app, pero non reciben avisos, é posible que non seleccionasen as tiras. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e, a continuación, seleccionar Tiras.

Se persiste o problema deben comunicalo ao centro a través do correo ies.pinomanso@edu.xunta.gal indicando os seguintes datos:

Nome pai/nai do alumnado
Nome do alumno/a
- Versión app
- Versión SO
- Marca/modelo do teléfono
 

Distribuir contido