Ensino Secundario
LOURIÑA TV ESCOLAR
Pedro Iglesias, técnico encargado de Louriña TV Escolar, a televisión escolar municipal do Porriño, estivo con alumnado de 3º ESO B na primeira das tres sesións do proxecto deseñado para este curso para os centros escolares do Porriño. Mestúranse elementos teóricos con elementos prácticos, e terá como producto final unha pequena montaxe realizada por Pedro co material de vídeo e audio gravado na aula mailos brutos que entregue o alumnado.
CARTAS GAÑADORAS DO CONCURSO CARTAS DE AMOR SAN VALENTÍN 2021
Velaquí as cartas gañadoras do “Concurso de cartas de amor San Valentín 2021”!
Categoría I (1º e 2º de ESO)
Premio ex aequo para Ainoa Alonso Flores (2º ESO A)e Ariadna Rodríguez Alonso (2º ESO C).
Categoría II (3º e 4º de ESO)
1º premio: Alan Redón Xavier (4º ESO A).
2º premio: Noa Castaño Rodríguez (4º ESO A).
Noraboa polas vosas estupendas cartas! Aquí as deixamos para quen queira desfrutalas.
Carta de Ariadna Rodríguez Alonso
Carta de Noa Castaño Rodríguez
RAP CON ROSALÍA
Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía.
O alumnado de 2º ESO C participou onte no obradoiro "RAP CON ROSALIA", organizado pola OMIX do Concello do Porriño e dirixido pola Asociación Vella Escola.
FELICITACIÓN IES PINO MANSO
Entre os traballos do alumnado de 1º de ESO na materia de EPVeA, o de Saúl Lorenzo foi o elixido. Gracias ao alumnado e ás profesoras de EPVeA, Sonia e Susana, pola súa implicación.
PLANETARIO - CINE
A Concellería de Educación do Porriño, a través da OMIX, organizou cos distintos centros educativos a actividade PLANETARIO 3D-CINE 360º. Dita actividade, que adaptouse para realizarse de xeito telemático debido á COVID 19, tivo lugar onte no Pino Manso para o alumnado de 1º ESO, que a valorou de forma moi positiva.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
