Ensino Secundario

TI SI QUE VALES, V EDICIÓN

O venres 21 celebramos a V Edición do Ti si que vales no Pino Manso. Tivemos interpretacións musicais, bailes, beat box, breakdance..., e participou alumnado dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Moitas grazas a todos os participantes e a Román e María José por presentar o festival!

INSTRUMENTOS NA ÉPOCA DE ASTÉRIX E OBÉLIX

Na entrada do instituto temos unha exposición de instrumentos da época de Astérix e Obélix, feitos polo alumnado de 3º de ESO B e C nun proxecto conxunto das materias de Música e Tecnoloxía.

 

COÑECE A TÚA TERRA. VIAXA POR GALICIA

Os Departamentos de Dinamización Lingüística, Galego, Xeografía e Historia xunto co alumnado de 2º de ESO elaboraron, ao longo do curso 18-19, un proxecto interdisciplinar con tema: "Coñece a túa Terra. Viaxa por Galicia".

O resultado foron sete libros relacionados con diferentes comarcas galegas: Costa da Morte, Ría de Vigo, Muros-Rianxo, Santiago, ...

Convidámosvos a realizar unha viaxe virtual pola Nosa Terra.

TRABALLOS 3º ESO

Na entrada do instituto, exposición de traballos de alumnado de 3º de ESO na materia de Bioloxía e Xeoloxía

MICRORRELATOS

Na entrada do insituto están expostos microrrelatos de alumnado de 3º de ESO, traballados na materia de Lingua Castelá e Literatura.

PLANETARIO

O alumnado de 1º de ESO participou na actividade "Navegando por el Universo" con Íñigo de la Quadra-Salcedo e o seu planetario portátil hinchable.

Distribuir contido