COÑECE A TÚA TERRA. VIAXA POR GALICIA

Os Departamentos de Dinamización Lingüística, Galego, Xeografía e Historia xunto co alumnado de 2º de ESO elaboraron, ao longo do curso 18-19, un proxecto interdisciplinar con tema: "Coñece a túa Terra. Viaxa por Galicia".

O resultado foron sete libros relacionados con diferentes comarcas galegas: Costa da Morte, Ría de Vigo, Muros-Rianxo, Santiago, ...

Convidámosvos a realizar unha viaxe virtual pola Nosa Terra.