CENTRO
RECOLLIDA SOLIDARIA
O IES Pino Manso colabora coa OMIX, a Concellería de Educación e o Concello do Porriño nunha recollida solidaria de alimentos e produtos infantís, destinados a SOS Porriño e a familias Ucraínas que vaian chegando ao Porriño.
Temos o punto de recollida na entrada do IES.
Grazas pola vosa axuda!
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Xa temos os carteis gañadores do concurso de carteis conmemorativos do 8 de marzo. Presentaron traballos alumnado da categoría "4º ESO, BACHARELATO E FP", polo que foron elixidos dous carteis nesta categoría: os traballos premiados son os de Noelia Boente e Lucía Besada. Noraboa ás dúas! Podedes pasar por Vicedirección a recoller o voso premio.
Moitas grazas a todas e todos por participar. Compartimos os traballos presentados:
CLUBE DE LECTURA
Xa acabamos coas sesións sobre Antihéroes no noso clube de lectura de 3ºESO a 2ºBAC! Con este libro comprobamos como a literatura fantástica, ademais de facernos pasar un moi bo rato, pode movernos a reflexionar sobre un tema tan importante como o respeto ás diferencias. E houbo tamén espacio para algunha que outra proba/xogo.
Agora nos adentraremos nun novo libro, Golpes de luz, de Ledicia Costas, unha novela que trata con moitísimo humor e tenrura unha situación familiar complicada. Remitímosvos ao seguinte enlace para ver unha breve sinopse desta singular historia: https://www.xerais.gal/libro.php?id=6487159
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »