CENTRO

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL

Ángel, profesor de Matemáticas do noso centro, impartiu hoxe a última charla de Orientación Académico-Profesional para alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. A actividade vai enmarcada na colaboración solicitada aos Departamentos dende o Departamento de Orientación.

 

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa temos gañadoras do CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA:

Compartimos os outros traballos presentados:

Moitas grazas pola vosa participación!

AOS XOVES O PINO MANSO FALA GALEGO

Dende Normalización Lingúística en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura estamos a traballar neste trimestre nun proxecto titulado "aos xoves o Pino Manso fala galego".

É unha proposta nova que vai adicada ao alumnado de 1º ESO e 1º de Bacharelato.

Porén gustaríanos animar a todo o profesorado que falara a lingua propia por un día, simplemente porque falar galego mola!!!


Os xoves nos primeiros cinco minutos que dura a entrada soará música galega (escollida polo alumnado) que anime a darlle a Lingua!!!

CHARLA FP DUAL

O alumnado de 4º de ESO e FP Básica asistiu hoxe, 6 de abril, a unha charla informativa sobre a FP Dual a cargo de Manuel Dacosta, dinamizador da FP Dual do CIFP Valentín Paz Andrade.

SOPRANO IN DISTRESS

O alumnado de 2º ESO B e as alumnas de Historia da Música asistiron o 23 de marzo á actividade SOPRANO IN DISTRESS: ÓPERA EXPRESS, ofertada pola OMIX do Concello do Porriño.


 

Distribuir contido