CENTRO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CONCELLO

Achegamos información sobre algunhas das actividades previstas para a celebración do Día das Letras Galegas no Concello do Porriño: 

Xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero:
http://ecultura.net/xogo-de-nivel-de-conecemento-sobre-ricardo-carvalho-calero/

7 Post sobre Carvalho Calero:
http://ecultura.net/7-post-sobre-carvalho-calero/

Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas:
http://ecultura.net/debuxa-celebrando-o-dia-das-letras-galegas/

PREMIOS ENTROIDO

Aquí tedes algunhas fotos da celebración do Entroido no Pino Manso. Dende aquí agradecemos a participación do alumnado e do profesorado que se animou a disfrazarse, a bailar, a cantar unha copla ou a facer unha pequena representación teatral.

 

Os premios foron asignados polo noso xurado do seguinte xeito:

Mellor comparsa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO B

Comparsa máis numerosa relacionada con tema anual do centro: 1º ESO A

Mellor coreografía ou espectáculo: 1º BAC

Mellor copla: 2º BAC

Porta de aula mellor decorada: 1º ESO D

Mellor disfrace ou actuación: Rubén Silva

 

Noraboa!!!!!!

ENTROIDO 2020

Mañá venres teremos a festa do Entroido no instituto.

O tema anual do centro, R que R, Reduce, Reutiliza, Recicla, será o fío condutor do evento.

Nesta ocasión engadimos ás distintas categorías do concurso a decoración das portas das aulas. E temos resultados ben vistosos:

 

Nocións básicas sobre RCP

De novo visitounos persoal da UCI do Álvaro Cunqueiro para dar ao alumnado (esta vez de 4º de Eso e de 1º de Bacharelato) nocións básicas sobre reanimación cardiopulmonar.

Agradecemos de novo á ANPA a organización da actividade.

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No segundo recreo, tivemos un acto en memoria das vítimas da violencia de xénero, conducido polo alumnado de Música de 1º de Bacharelato.


Na entrada do Instituto o Departamento de Dinamización Lingüísta, coa colaboración do Equipo da Biblioteca e do Departamento de Lingua Galega, colocou un tendal (que simboliza os estereotipos de xénero) con lemas en contra da violencia de xénero e favor do empoderamento da muller. Na súa elaboración participou alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO.

 

O alumnado de 1º ESO visualizou curtas sobre violencia de xénero realizadas o curso pasado por alumnado do centro dentro do Proxecto Xénero Historias do Concello do Porriño e tivo un obradoiro de chapas nas que plasmaron lemas sobre a violencia de xénero.

 

 

MAGOSTO 2020

O martes 12 de novembro celebramos o MAGOSTO.

O primeiro CONCURSO DE BATALLAS DE BAILE foi todo un éxito. Dende aquí queremos dar de novo as grazas a Rubén (organizador) e a todos os participantes.

Debido ao mal tempo, tivemos que suspender os xogos populares e as competicións deportivas que tiñan preparados dende o departamento de Educación Física.

 

Distribuir contido