AOS XOVES O PINO MANSO FALA GALEGO

Dende Normalización Lingúística en colaboración co departamento de Lingua Galega e Literatura estamos a traballar neste trimestre nun proxecto titulado "aos xoves o Pino Manso fala galego".

É unha proposta nova que vai adicada ao alumnado de 1º ESO e 1º de Bacharelato.

Porén gustaríanos animar a todo o profesorado que falara a lingua propia por un día, simplemente porque falar galego mola!!!


Os xoves nos primeiros cinco minutos que dura a entrada soará música galega (escollida polo alumnado) que anime a darlle a Lingua!!!