EXPOSICIÓN E CHARLA

En datas previas ao 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, contamos no IES coa exposición AstrónomAs. Dita exposición vai acompañada dunha charla para parte do alumnado impartida pola astrónoma, profesora e investigadora Josefina Ling Ling (Universidade de Santiago de Compostela e Observatorio Astronómico Ramón María Aller).