O Real Decreto 984/2021 e a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022) obrigan aos centros obrigatorios á modificación dos criterios para PROMOCIÓN, TITULACIÓN e obtención de MATRÍCULAS DE HONRA. No seguinte pdf atoparás os devanditos criterios tanto para ESO como para bacharelato.

PDF normativa de avaliación

Tags:

Aproveitando a celebración do Día, ou mellor dito, da Semana da Poesía, realizamos un roteiro literario vinculado á obra do noso poeta, Avelino Díaz, que é, ademais o obxecto do II Concurso de Fotografía convocado pola nosa biblioteca.


Compartimos este vídeo publicado na canle de Youtube da investigadora de Bretoña (exalumna do IES Pedregal de Irimia): Sonia Villapol. Nuns meses o laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía do centro pasará a recibir o seu nome (proximamente daremos máis información). En agradecemento pola distinción a científica da Pastoriza comprometeuse a manter un mentorado científico ao alumnado do centro interesado na investigación. Moitas grazas polo teu compromiso e por ser como eres!

Tags:

O alumnado de Economía de 1º BAC participou no programa YBT (Young Business Talents), simulador empresarial no que os estudantes teñen que ir dirixindo as súas empresas ao longo de diferentes fases; comezaron en novembro e remataron en marzo.

Concluídas as distintas fases do programa, os catro equipos de Economía de 1º BAC quedaron a nivel provincial nos postos 2º,4º,5º e 11º. Noraboa equipos!!!

 

Tags:

O 23 de marzo levouse a cabo en Lugo a entrega de premios do XIII Concurso de Tarxetas de Nadal organizada por "La Voz de la Verdad" e na que participou alumnado de centros educativos de toda Galicia. O noso instituto deixou o pavillón ben alto, xa que Lorena Alonso Campo de 1º ESO acadou o primeiro premio na categoria da ESO. Tamén foron galardoados cun diploma: Claudia Campos Barros, Yasmín Villamide Villar e Raúl García Pumares.

Distribuir contido