Mobilidade en Portugal do 7 ó 11 de febreiro. O traballo centrouse no cambio climático e as súas consecuencias. Nós presentamos dóus videos sobre as cigoñas, que cada vez pasan máis tempo con nós, e outro sobre as anduriñas, que cada vez hai menos. Tamén se fixeron mesas redondas sobre o clima.

O 16 de marzo o alumnado de Latín de 4º ESO (Paula, Miguel, Ura, Sergio e Hugo) e a súa profesora, Iria, mergulláronse de cheo na cociña da Antiga Roma, coa elaboración de tres pratos moi habituais na época, seguindo as receitas de Apicio, autor latino do século I, e recollidas no libro de cociña De re coquinaria

Para achegarvos á historia da cociña da antiga Roma, aquí vos deixamos estas RECEITAS

 

Como cada ano clebramos o Día Internacional da Muller con diversas actividades. Hoxe colaboramos na lectura dun manifesto e na celebración do día xunto co CEIP Plurilingüe Avelino Díaz e o Concello de Meira.

Tags:
18/02/2022 00:00
23/02/2022 20:00

Participa no kahoot sobre Rosalía para celebrar o seu día. Ao inscribirte debes poñer o curso e grupo para poder identificar aos gañadores.


Distribuir contido