Orientación
Reunión solicitantes "Europa. Next Station: Vocational Training Network"
CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA CANDIDATOS Á REALIZAR A FCT EN EUROPA
ORDE DO DÍA:
1- Procedemento para levar a cabo a selección definitiva de adxudicados.
2- Entrega do protocolo a seguir por parte do alumnado seleccionado.
LUGAR: Despacho de Dirección
DÍA: Mércores, 17 de decembro de 2014
HORA: 11.15-11.55
CONVOCA: Marta Torreiro, Coordinadora de Programas Internacionais
Dando a cara pola igualdade de xénero
GRACIAS a tod@s os que DESTES A CARA e, en especial, a Samuel, a Naila (botámoste de menos!), a Lara e o grupo de 3º PDC (tamén coñecido como Sobrevivirei!).
Podedes comprobar o guapos que saístes en:
Dou a cara ou
Programa "Europa. Next Station: Vocational Training Network"
Se estás a cursar 2º de Ciclo Medio en calquera das ramas do noso centro: Servizos Administrativos, Instalacións Eléctricas e Electromecánicas e Electromecánica de Vehículos, e queres realizar a FCT nun país europeo, podes presntar a túa candidatura ata o 12 decembro de 2014.
Para participar, envia un correo electrónico explicando brevemente a túa motivación á dirección ies.pedra.auga@edux.xunta.es, poñendo como asunto "FCT en Europa".
Para ver os criterios de selección, preme no arquivo que se achega.
Non deixes pasar esta oportunidade!
Bolsas do MEC 2014-2015
O prazo para solicitar as bolsas xerais do MEC, para os niveis non universitarios e estudos non obrigatorios (no noso centro, Bacharelato, Formación Profesional e PCPI de 2º curso), estará aberto ata o día 30 de setembro.
Lembrade que a vía para realizar a solicitude é a través de Internet, na páxina do Ministerio:
A pantalla de inicio é a seguinte:
Se estás rexistrado de anos anteriores, unicamente tes que poñer os teus datos para acceder, en caso contrario, primeiro terás que rexistrarte (de forma similar a como fas cando abres unha conta de correo electrónico).
Se non lembras os teus datos (adoita a ocorrer con frecuencia), preme en "Olvidé mis datos/Ayuda para entrar" e eles che mandarán un correo coas instruccións.
Exames e respostas dos exames de acceso a ciclo medio 2014
Podes consultar os documentos no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/node/12234
SORTE A TODOS/AS OS/AS PRESENTADOS/AS!
Contamos libros ós peques
O alumnado de 1º ESO A estivo de visita no colexio no que fixeron a Educación Primaria para representar un conto ós nen@s de Infantil.
Para saber máis, visita ós nosos blogs:
Exames e solucións probas de acceso a ciclos superiores
Xa podes consultar as solucións correspondentes ás probas de acceso a ciclo superior da convocatoria de 2014.
SORTE a tod@s os presentados!
Calendario das probas de acceso a ciclos 2014
Máis INFO en:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »