Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Listaxes de cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos de grao medio

Podes consultar as notas no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gm_listaxe_provisional_cualificacions.pdf
Se non estás de acordo e queres reclamar, podes facelo no centro de inscrición, os días 17, 20 e 21 de xuño, co seguinte modelo de reclamación:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Reclamacion_cualificacions_GM.doc

Curso de iniciación a capoeira

 Terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo de 11:00 a 13:00 horas, no IES Val do Tea e está organizado polo Concello de Ponteareas.
Está aberto a todos aqueles que desexen apuntarse. Se queres inscribirte, pide información no departamento de orientación.

Oferta de ciclos formativos 2011-2012

A novidade máis salientables con respecto á oferta é que os ciclos medios ofertados no noso centro estarán adaptados á LOE, a partir do curso que vén. Isto supón que a duración dos mesmos será de 2000 horas.
Con respecto ó resto dos ciclos formativos, unha familia profesional pola que se está a amosar bastante interese, a de enerxía e auga, ofertará o título de "Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica" en Culleredo, en Ferrol, en Lugo e en Ourense.
Podedes consultar a oferta completa no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta1112/oferta_ordinario_clasificada_por_provincia_concello_2011_12.pdf

Consellos para afrontar a Selectividade

Agora que se acercan os exames da Selectividade, non está de máis contar con algún "truquiño" para abordalos mellor.
No blogue "Yo te oriento o al menos lo intento", atoparás algunhas pistas...
http://yoteoriento.blogspot.com/2011/06/consejillos-para-selectividad.html
Sorte a todos os que se presentan!!

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Mañá, día 3 de xuño, terán lugar as probas de acceso a ciclos de grao medio. A presentación comezará ás 9:00h e cumprirá presentarse co D.N.I. e a copia da solicitude de inscrición.

Estudos universitarios con e sen límite de praza

 Os estudos SEN LÍMITE DE PRAZAS son aqueles que non teñen nota de corte e nos que, unicamente, se esixe unha nota de acceso de 5. Aínda que cada ano se ofertan menos estudos deste tipo, na práctica, algunhas carreiras CON LÍMITE DE PRAZAS non cubren o seu límite, polo que poderá entrar calquera que supere o proceso de admisión.
http://ciug.cesga.es/PDF/triticotitulacions2012.pdf

Convocatoria de prazas de residencia na Universidade de Santiago de Compostela (curso 2011/2012)

 

Aberto o  prazo para solicitar prazas de residencia na Universidade de Santiago de Compostela, para o curso 2011/2012.

Folleto informativo sobre as residencias da USC:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sur/descargas/guia_sur_2010-11_gl.pdf

Convocatoria:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sur/descargas/curso2011_2012/Convocatoria_xeral_2011-2012_CG.pdf

Impresos de solicitude:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sur/descargas/curso2011_2012/Solicitude_Grao_1x-2xCiclo_Santiago.pdf (campus de Santiago de Compostela)
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sur/descargas/curso2011_2012/Solicitude_Grao_1x-2xCiclo_Lugo.pdf (campus de Lugo)

Máis información:
http://www.usc.es/gl/servizos/sur
Universidade de Santiago de Compostela
Teléfonos: 34 881 811 000 e 34 982 820 000
O prazo para realizar a solicitude finaliza o día 30 de xuño de 2011.

Convocatoria de prazas de residencia na Universidade de Vigo (curso 2011/2012)

Para solicitar prazas cumpre matricularse no curso 2011/2012 na Universidade de Vigo e acadar uns mínimos na nota media de acceso á universidade.
Centros propios:
1. Complexo residencial As Burgas (Ourense)
2. Complexo residencial O Castro (Vigo)
Centros concertados:
3. Residencia concertada A Peregrina (Pontevedra)
4. Complexo residencial concertado Alcai (Allariz)

Convocatoria:
http://extension.uvigo.es/opencms/export/sites/extension/documentos/convocatorias/Convocatoria.pdf

Formulario de inscrición:
https://seix.uvigo.es/bolsas_residencias/

O prazo para solicitar praza finaliza o 2 de xullo de 2011.

INFORMACIÓN DE CONTACTO:
Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes
Edificio Miralles, campus As Lagoas, Marcosende, s/n. 36310 Vigo
Tfno.: 986 813 603 - 986 813 817 - 986 813 626
Enderezo electrónico: xnvicext@uvigo.es

 

Distribuir contido