Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Graos pouco coñecidos

Nos seguintes enlaces podes atopar informacións sobre graos universitarios pouco coñecidos, por ser de recente implantación ou por ser moi específicos:

- Grao en conservación e restauración de bens culturais:
http://es.scribd.com/doc/52908141/Grao-conservacion-bens-culturais?secre...

- Grao en ciencias da cultura e a difusión cultural:
http://es.scribd.com/doc/52908398/Grao-en-ciencias-da-cultura-e-difusion...

- Grao en dirección e xestión pública:
http://es.scribd.com/doc/52908660/Grao-en-direccion-e-xestion-publica?se...

Aviso sobre o grao en Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo

A Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo vén de anunciar que, desde o curso 2011/2012, se suprime a proba de acceso específica para o Grao de Traducción e Interpretación. O orde na admisión dependerá unicamente da nota obtida nas PAU.

Orde pola que se regulan as PAU e o proceso de admisión ás universidades de Galicia

A novidade máis destacable é que o alumnado procedente de Formación Profesional, deberá presentarse á fase específica da Selectividade para competir, en igualdade de condicións, nas carreiras máis demandadas. Este alumnado poderá continuar accedendo á Universidade de forma directa coa nota media do seu ciclo formativo de grao superior, tendo como tope unha nota media de 10 puntos. Máis detalles sobre o  proceso en:
http://www.edu.xunta.es/web/node/2232

Como atopar a nosa vocación

Este artigo publicado en la revista EL PAÍS SEMANAL o día 13 de febreiro aporta algunhas pistas sobre como distinguir cal é a nosa vocación.


Vocación

Guía do sistema universitario de Galicia

Neste manual podes resolver todas as túas dúbidas con respecto ós estudos universitarios e ás súas saídas profesionais, ás probas de acceso á Universidade, ó proceso de admisión e matrícula e incluso ás bolsas, axudas e  premios.
Consúltao no seguinte enlace:


Guia SUG

Fábulas para o crecemento persoal

As fábulas son relatos curtos e ficticios que tratan de transmitir algunha ensinanza. Os seus protagonistas adoitan ser animais ou personaxes de conto.
A pesar de ser moi sinxelos, son moi útiles para reflexionar e sacar conclusións para o crecemento persoal.

Probas de acceso a ciclos formativos

Publicadas as seguintes listaxes:
-Definitiva de exencións da parte específica para as probas de acceso a ciclos de grao superior.
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gs_listaxe_definitiva_exencions.pdf
-Provisional de solicitantes admitidos e excluídos para as probas de acceso a ciclos de grao medio.
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gm_listaxe_provisional_admitidos.pdf

Axudas para actividades en linguas estranxeiras (ESO e BACHARELATO)

A Consellería de Educación convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011.
Os cursos máis baixos recibirán a formación en Galicia mentres que os máis altos asistirán a un curso en Reino Unido, Francia ou Canadá.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 12 de marzo ó 12 de abril.
Se estás interasado/a consulta os requisitos no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Último día para inscribirse nas probas de acceso a CM

O día 11 de marzo finaliza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio.

Distribuir contido