Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Novo grupo de FACEBOOK Orientación Pedra da Auga

Se queres estar ó día da información que che interesa (estudos, ocio, bolsas...), únete a Orientación Educativa Galicia e, se queres coñecer as cousas que máis afectan ó noso instituto, faite do grupo Orientación Pedra da Auga!


        

Formación práctica no estranxeiro para titulados de Formación Profesional

Se cumpres os seguintes requisitos:
-Es galego ou galega residente en Galicia.
-Tes entre 18 e 30 anos.
-Tes unha titulación de FP ou universitaria.
-Non tes disfrutado ningunha outra bolsa Leonardo.
Podes solicitar unha estadía de formación práctica, do programa Leonardo da Vinci, en Irlanda, República Checa, Holanda, Francia ou Italia.
Para ter máis información:
Ser galegos ou galegas residentes en Galicia.
http://xuventude.xunta.es/201110034789/4o-convocatoria-bolsas-leonardo-da-vinci-proxecto-mogal.html

Listaxes de cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos de grao medio

Podes consultar as notas no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gm_listaxe_provisional_cualificacions.pdf
Se non estás de acordo e queres reclamar, podes facelo no centro de inscrición, os días 17, 20 e 21 de xuño, co seguinte modelo de reclamación:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Reclamacion_cualificacions_GM.doc

Curso de iniciación a capoeira

 Terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo de 11:00 a 13:00 horas, no IES Val do Tea e está organizado polo Concello de Ponteareas.
Está aberto a todos aqueles que desexen apuntarse. Se queres inscribirte, pide información no departamento de orientación.

Oferta de ciclos formativos 2011-2012

A novidade máis salientables con respecto á oferta é que os ciclos medios ofertados no noso centro estarán adaptados á LOE, a partir do curso que vén. Isto supón que a duración dos mesmos será de 2000 horas.
Con respecto ó resto dos ciclos formativos, unha familia profesional pola que se está a amosar bastante interese, a de enerxía e auga, ofertará o título de "Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica" en Culleredo, en Ferrol, en Lugo e en Ourense.
Podedes consultar a oferta completa no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/oferta/oferta1112/oferta_ordinario_clasificada_por_provincia_concello_2011_12.pdf

Consellos para afrontar a Selectividade

Agora que se acercan os exames da Selectividade, non está de máis contar con algún "truquiño" para abordalos mellor.
No blogue "Yo te oriento o al menos lo intento", atoparás algunhas pistas...
http://yoteoriento.blogspot.com/2011/06/consejillos-para-selectividad.html
Sorte a todos os que se presentan!!

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Mañá, día 3 de xuño, terán lugar as probas de acceso a ciclos de grao medio. A presentación comezará ás 9:00h e cumprirá presentarse co D.N.I. e a copia da solicitude de inscrición.

Distribuir contido