Saltar navegación.
Inicio

Bolsas do MEC 2014-2015

O prazo para solicitar as bolsas xerais do MEC, para os niveis non universitarios e estudos non obrigatorios (no noso centro, Bacharelato, Formación Profesional e PCPI de 2º curso), estará aberto ata o día 30 de setembro.

Lembrade que a vía para realizar a solicitude é a través de Internet, na páxina do Ministerio:

Enlace directo ó trámite

A pantalla de inicio é a seguinte:

Se estás rexistrado de anos anteriores, unicamente tes que poñer os teus datos para acceder, en caso contrario, primeiro terás que rexistrarte (de forma similar a como fas cando abres unha conta de correo electrónico).

Se non lembras os teus datos (adoita a ocorrer con frecuencia), preme en "Olvidé mis datos/Ayuda para entrar" e eles che mandarán un correo coas instruccións.