Orientación
Probas libres BACHARELATO
Requisitos:
1.Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
2. Non ter o título de bacharel ou equivalente.
3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades no curso escolar 2015/16.
Prazo de matrícula:
– Convocatoria de maio: do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
Inscripción:
IES San Clemente de Santiago de Compostela
Data das probas:
22 de abril de 2016:
MÁIS INFO e FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18068
Probas libres ESO
Requisitos:
1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título da ESO.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de ESO nin nas de FP Básica.
4. De estar matriculado en ESO para adultos, presentar renuncia.
Prazo de matrícula:
– Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
Inscripción en Ponteareas:
IES Val do Tea.
Datas de realización das probas:
27 de MAIO e 8 de SETEMBRO
Realizaranse nunha xornada de mañá e tarde e constará de:
-Ámbito científico-tecnolóxico
-Ámbito social.
-Ámbito de comunicación.
MÁIS INFO e FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaldotea/
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18066
DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
Con motivo da conmemoración do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", desde a Augateca amósanos unha ampla exposición de bos libros e películas relacionados con esta temática. Todos eles forman parte dos fondos da biblioteca e están a disposición de toda a comunidade educativa do centro.
Preme na imaxe para acceder á galería.
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O SIDA
Con motivo do Día Mundial da loita contra o SIDA, o alumnado de 3ºESO e de FP Básica participou esta mañá nun obradoiro sobre sensibilización do VIH, impartido pola psicóloga Isabel Romero da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.
COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS
Hoxe, 27 de novembro, iniciouse a recollida para o Banco de Alimentos de Vigo. Desde o Departamento de Orientación, ofreceuse aos alumnos e alumnas de FP Básica e Ciclos formativos de administración, a posibilidade de participar nesta iniciativa.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Ao longo desta semana realizamos distintas actividades para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.
A prevención é unha das claves para acabar con esta lacra social, así este curso continuamos traballando pola eliminación da violencia contra a muller a través da sensibilización do alumnado contra o maltrato e as distintas formas de violencia machista.
Preme na imaxe para acceder á galería.
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
Os días 18 e 26 de novembro, os alumnos e alumnas de 1ºESO participaron nun obradoiro de habilidades sociais co obxectivo de adquirir, nun ambiente relaxado e distendido, competencias e actitudes que permitan mellorar a súas relación cos demais así como valorar os comportamentos asertivos como correctos nas relacións.
PROGRAMA KTORCE18
Os alumnos e alumnas de 1º de Formación Profesional Básica, recibiron esta semana unha charla divulgativa sobre a lei do menor no marco do programa ktorce18, da man dun membro da asociación ARELA.
SAMAÍN
Hoxe, celebramos a festividade do Samaín.
Os alumnos e alumnas participaron en distintas actividades para conmemorar o inicio do ano novo celta e comezo da estación escura.
Preme nas imaxes para acceder ás galerías
Marcha solidaria de apoio ó cancro de mama
O luns, 19 de outubro, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato, participará na marcha solidaria de apoio ó cancro de mama, que se celebrará en Ponteareas.
Ó comezo e o remate da marcha todos e todas cantaremos e bailaremos a canción "Hoy todo va a salirme bien" de El arrebato.
Para que vaiades practicando, deixámosvos a coreografía. Preme na imaxe para acceder ó titorial.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »