Toca cociñar! IV concurso de doces
Un ano máis, con motivo do Samaín, celebramos o noso concurso de doces Toca cociñar!
Xa coñecedes o sistema:
- Elabora un doce e decórado para que sexa máis vistoso. A temática está clara, o Samaín!
- Copia nun papel a receita deixando ben claro cales son os ingredientes. Por suposto, debes escribir en galego.
- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no mesmo papel onde escribiche sa receita. O teu nome real so debe coñecelo a persoa que recolla os doces.
- O día de entrega será o 30 DE OUTUBRO antes do 1º recreo. Terás que deixalo no lugar que se habilitará para iso (pregunta en conserxería antes de entrar, a 1ª hora).
- Durante o 1º e 2º recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán premios!
ANÍMATE E PARTICIPA! (Concurso aberto a todo o alumnado do IES Val do Tea)
FORMACIÓN DE ALUMNADO MEDIADOR
Hoxe mércores 2 de outubro tivo lugar a primeira sesión de formación de alumnado mediador do IES Val do Tea da man de Rafa Pérez de Lis.
A mediación é unha das ferramentas máis coñecidas para a resolución dialogada de conflitos. Emprégase para tratar de chegar a acordos entre as partes involucradas nun conflito. As Prácticas Restaurativas son un enfoque, unha forma de entender a convivencia e, polo tanto, tamén a resolución de conflitos. Por unha banda, ofrecen ferramentas para a xestión da convivencia positiva, previndo os conflitos de forma proactiva. Por outra banda, aportan unha resposta dialogada ás condutas inaceptables, resposta diferente á establecida polos modelos tradicionais, fundamentalmente punitivos.
O obxectivo desta formación é promover a responsabilidade do alumnado na xestión da convivencia pacífica, aprendendo estratexias e técnicas para guiar as mediacións entre pares e así ofrecer ás persoas afectadas a posibilidade de reparar os danos ocasionados e chegar a solucións aceptables para todas as persoas implicadas. Con esta formación o alumnado participante poderá estar en disposición de axudar á comunidade na promoción dunha convivencia positiva.
CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO CICLO DE GRAO MEDIO DE HÍPICA - CEMAR Mondariz- Balneario
Publícanse no documento adxunto as cualificacións das probas específicas de acceso ás Ensinanzas Deportivas de Ciclo Inicial de Grao Medio das Ensinanzas conducentes á obtención do Título de Técnico Deportivo nas disciplinas de Hípica de salto, Doma e Concurso completo.
LISTAXE DEFINITIVA LIBROS DE TEXTO 2024-2025
Enviado por admin o Xov, 12/09/2024 - 11:24PUBLÍCASE A LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024 - 2025
Xornada de portas abertas EOI
A Escola Oficial de Idiomas de Vigo na Sección de Ponteareas mantén aberta a matrícula para o curso 2024-2025 ata o 20 de setembro ás 14h00. As clases do novo curso académico comezan a partir do día 11 de setembro e nesta primeira semana (ata o día 17) atópase de Portas Abertas para toda aquela persoa que dexese informarse ou experimentar unha clase.
A escola proporciona clases presenciais dúas veces á semana de dúas horas cada clase para quen queira obter unha certificación oficial ou simplemente mellorar as súas habilidades lingüísticas tanto en inglés como en francés. Ofrece a posibilidade de estudar o nivel básico integrado (A1-A2) e o nivel intermedio B1 de francés e o nivel básico, intermedio e avanzado de inglés (A1-C1.2).
Para máis información visite a páxina web eoidevigo.org ou anímese a participar nas xornadas de Portas Abertas.
Para contactar coa Sección de Ponteareas escriba un email a eoi.vigo.ponteareas@edu.xunta.gal ou chame o teléfono 886 11 05 13
DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL
As datas de realización das probas de avaliación inicial para a Educación de Persoas Adultas serán os días 12, 13 e 16 de setembro de 2024 no seguinte horario:
Terán lugar na aula 1º ESO B.