Iniciar sesión: Acceso

Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL LIBROS DE TEXTO 2024-2025

Publícase no documento adxunto información relativa a listaxe provisional de libros de texto para o curso 2024/2025.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA ESO CURSO 2024/25

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

CONVOCATORIA

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

1. Electrónica: utilice esta aplicación e presenta a solicitude na Sede Eletrónica:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=gl

Importante: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

Necesitará ter

a) Conta de Chave365 (https://www.xunta.gal/chave365/que-e) ou,

b) Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma (https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html)

2. Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presénteos no centro (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791)

3. Presencial manual: cubra os Anexos I e II (imprimindo desde a aplicación (https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211121791) ou recolléndoos no centro, e presénteos no centro en horario lectivo.

Importante: o alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai a estar escolarizado no curso escolar 2024/25, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023/24.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR COA SOLICITUDE: a información está no:

Artigo 11 da Orde da convocatoria

Artigo 12 da Orde da convocatoria

  • Solo no caso de que a situación familiar cambiase, teñen que aportar a documentación que acredite dito cambio (novos membros da unidade familiar, sentenzas de separación, discapacidades, etc.).
  • No caso que sinale que se opón á comprobación telemática pola administración terá que presentar a documentación.
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática.

SORTEO BANCO DE LIBROS E PREVISIÓNS COMPRAS LIBROS E LICENCIAS PARA O CURSO 2023/24

Compartimos nos documentos adxuntos información sobre:

  • Sorteo público dos libros de texto para o presente curso. Venres 22 de setembro ás 20:30 no salón de actos do centro.
  • A previsión de compra de libros para o presente curso.

CURSOS OFICIAIS DE CAPACITACIÓN DIXITAL

Convocados cursos de Capacitación Dixital para a Cidadanía, dirixidos a PERSOAS ADULTAS (traballadoras, desempregadas, ...) que queiran mellorar as súas HABILIDADES DIXITAIS e adquirir destreza no manexo das novas tecnoloxías e Internet orientadas .

Son cursos GRATUITOS, con CERTIFICACIÓN OFICIAL DE CAPACITACIÓN DIXITAL DE NIVEL 2 DO CATÁLOGO NACIONAL (IFC748_2).

Quendas de mañá ou tarde durante os meses de setembro, outubro e novembro.

Poderás realizar a inscrición dos seguintes xeitos:

  • Chamando ao 886 110 513. Persoa de contacto: Miguel.
  • Por e-mail: ies.val.do.tea@edu.xunta.gal
  • Presencialmente no IES VAL DO TEA (Rúa Feliciano Barrera, 15 - 36860)

Entre os contidos a traballar atópanse os seguintes:

  • Administración electrónica: solicitude de citas médicas, obtención de certificados, emprego de apps,...
  • Empregar sistemas de identificación: Chave 365, Clave Pin, Certificado dixital, ...
  • Economía circular, nova revolución industrial, internet das cousas, oportunidades laborais, etc.
  • Uso seguro da banca electrónica e Bizum.
  • Compartir e comunicarte a través das redes sosicais: Whatsapp, Instagram, ...
  • Comunicarte cos teus amigos e familiares con videoconferencia, correo electrónico,...
  • Atopar en Internet a información que buscas con máis exactitude.
  • Compartir e almacenar información na nube
  • Autenticación de doble factor
  • Emprego de aplicación informáticas orientadas ao ámbito laboral

LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/2024

PUBLÍCASE A LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

LISTAXE PROVISIONAL DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/2024

Publícase no documento adxunto información relativa a listaxe provisional de libros de texto para o curso 2023/2024.

PRAZO DE MATRÍCULA

Dende o venres 23 de xuño e ata o 7 de xullo, ambos os dous incluídos, está aberto o prazo de matrícula para o curso 2023-2024. A matrícula farase online

Podedes acceder á aplicación premendo en MATRÍCULA, na parte superior esquerda desta páxina web, ou a través deste enlace:

https://matriculas.iesvaldotea.gal/

A aplicación non estará activa ata o día 23 de xuño.

 

Axudas libros de texto e material escolar para o curso 2023/24

EXTRACTO da Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0002_gl.pdf

LISTAXE DEFINITIVA LIBROS DE TEXTO 22-23

Publícase no documento adxunto a listaxe definitiva dos libros de texto para o presente curso 22-23.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO: CURSO 2022 - 2023

Adxúntase a listaxe provisional de libros de texto e material didáctico para o vindeiro curso académico 2022 - 2023.

Distribuir contido

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa