Iniciar sesión: Acceso

Lingua Galega

Visitamos a vila de Castelao e Manuel Antonio

Como xa é habitual no noso centro, un ano máis o alumnado de 2º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar a vila natal de Castelao e Manuel Antonio e achegarse así máis de preto á vida e obra destas grandes figuras da nosa historia. Malia que chova, Rianxo é visita obrigada!

Apaga o candil, Cándido Pazó e o Xestal

Esta mañá, grazas ás xornadas de teatro organizadas pola FANPO, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato tivo a oportunidade de asistir á nova representación de Cándido Pazó que leva por título Apaga o candil. Unha obra que fala do Xestal, un dos humoristas galegos máis populares dos anos 60 e 70, cunha historia persoal entre o éxito e a amargura.

Unha obra moi interesante e que desde aquí vos recomendamos a todos e todas! 

 

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • Uxía Martínez (XD)
  • Paco Conde
  • Ana B. C. Bastos
  • Afonso Díaz
  • Andrea Castelo
  • Adrián Ramiro

Que pasa no Tea? O magazine de 3º PDC

Compartimos convosco o primeiro episodio de Que pasa no Tea, un podcast creado polas alumnas e alumnos de 3º PDC. Un programa magazine onde poderedes atopar humor, espectáculo, entretemento, deporte, literatura,... e moito máis!

     

    

Parabéns, rapazas e rapaces polo voso traballo!

Onde o mundo se chama Celanova...

Aí vén o maio

de flores cuberto...

O pasado luns 22 de maio, o alumnado de 3º ESO achegouse a Celanova para coñecer máis de preto a terra de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

Tiveron a oportunidade de achegarse ao fermosos Mosteiro de Celanova e acceder á cela na que estivo preso o escritor, feito que inspiraría o famoso poema "Longa noite de pedra". Visitaron tamén a casa natal de Curros Enríquez, máis coñecida como a Casa dos poetas. Alí aprenderon un pouquiño máis sobre a interesante vida deste autor, fundamental na historia da nosa literatura.

Finalmente, remataron a xornada en Vilanova dos Infantes, onde ademais de visitar este fermoso lugar, puideron subir á súa famosa torre e ver a réplica da Virxe de Cristal que alí se conserva.

Sen dúbida, foi unha xornada ben aproveitada.

Coñecemos mellor o proxecto Youtubeiras

Dentro da programación da Semana das Ciencias e da Comunicación que organiza o Concello de Ponteareas, o alumnado de 4º ESO asistiu onte á presentación do proxecto Youtubeiras e a un pequeno obradoiro da man de Olaxonmario.

Coñecérmonos e fomentar iniciativas dinamizadoras como a de Youtubeiras e a persoas como Olaxonmario que incitan o uso do galego tamén nas redes pode axudar a que a xente máis nova se achegue á lingua dun xeito diferente e podermos darlle ao galego as 1000 primaveras máis que merece.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Lingua Galega e Literatura para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)

Coñecendo a vila de Manuel Antonio e Castelao

O alumnado de 2º de Bacharelado visitou este luns a vila de Rianxo e tivo a oportunidade de coñecer máis de preto a historia de Manuel Antonio e Daniel R. Castelao. Visitaron o Museo do Mar, a Casa Museo de Manuel Antonio e mentres a chuvia o permitiu realizaron un roteiro por diferentes espazos da vila.

Outro xeito de nos achergarmos á vida destes autores!

 

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)

Adxúntase a programación didáctica para os cursos LOMCE (cursos pares) así como a programación do ámbito de Comunicación para ESA.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG