Iniciar sesión: Acceso

Relixión

Viaxamos con Exeria

O luns da pasada semana, 13 de novembro, chegou Exeria para explicarnos detalles da súa viaxe e para convidarnos a seguir camiñando con ela polo seu libro, camiño das palabras...

O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de charlar con Marisa Vidal Collazo, autora de Eu son Exeria, lectura feminista dunha viaxe no século IV, sobre a vida desta interesante muller pioneira do seu tempo.

Grazas, Marisa, pola túa visita.

 

Visita didáctica a Poio e Santiago de Compostela

Onte o sol acompañou ao noso alumnado de 1º Bacharelato que, a cargo do Departamento de Relixión, pasou unha interesante xornada coñecendo un pouco mellor Poio e Santiago de Compostela.

Polo que din as fotos a xornada debeu ser ben agradable!

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Relixión para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)

Adxúntase a programación para os cursos LOMCE (cursos pares).

Adaptación dos Criterios de Avaliación á nova lei

Con motivo da publicación do RD 217/2022 que regula a avaliación do presente curso, foi necesario realizar algunhas modificacións dos criterios de avaliación que se adapten ao novo formato e  calendario de avaliación, como consta no PDF adxunto para este departamento.

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN CATÓLICA

  • Encarna Domínguez López (Xefa de Departamento)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

A programación didáctica do departamento, incluídos os criterios de cualificación, atópase a disposición da comunidade educativa na Xefatura de Estudos

Distribuir contido

Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG