Iniciar sesión: Acceso

Linguas Clásicas

Achegámonos ao mundo grecolatino con Antígona

Na mañá de onte, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Artes escénicas asistiu á representación de Antígona, de Sófocles, representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). Esta representación forma parte da programación do Festival de teatro grecolatino deste ano e tivo lugar no Teatro Municipal de Tui.

Fixérono ademais acompañados do alumnado de 4º Primaria do CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira. Sen dúbida, unha actividade interesante para todos e todas elas.

Proxecto de viaxe a unha cidade con restos clásicos

Proxecto realizado polo alumnado de Linguas Clásicas de 4º ESO e Bacharelato.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

Proxecto de viaxe do alumnado de latín e grego: Emerita Augusta

Discipulae et discipuli, latinae linguae magistra vobis nuntiat, ut victor circulus fuit qui Emeritae Augustae presentationem fecit.

Omnes circuli opera bona fecerunt, sed unus victor esse poterat.

Primus victor: Emerita Augusta

Secundus victor: Tarraco Nova

Tertius victor: Segobriga

Gratias plurimas omnibus qui opera fecistis et qui victores legistis.

---

Alumnos e alumnos, a profesora de lingua latina anúnciavos que o grupo gañador foi o que fixo a presentación de Mérida.

Todos os grupos fixeron un bo traballo, pero só podía haber un gañador.

O primeiro gañador: Mérida

Segundo gañador: Tarragona

Terceiro gañador: Segóbriga

Moitas grazas a todas as persoas participantes.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Linguas Clásicas para os cursos LOMLOE (3ºESO e 1ºBAC)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (LOMCE)

Adxúntase a programación didáctica de Latín e de Grego para os cursos LOMCE (cursos pares).

Adaptación dos Criterios de Avaliación á nova lei

Con motivo da publicación do RD 217/2022 que regula a avaliación do presente curso, foi necesario realizar algunhas modificacións dos criterios de avaliación que se adapten ao novo formato e  calendario de avaliación, como consta no PDF adxunto para este departamento.

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

As programacións didácticas dos departamentos, incluídos os criterios de cualificación, atópanse á disposición da comunidade educativa na Xefatura de estudos.

Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG