Iniciar sesión: Acceso

Debuxo

Autorretratos 2º Bacharelato

O feito de que no Bacharelato de Artes temos verdadeiras artistas sabémolo ben no Val do Tea, e para mostra só tedes que achegarvos a ver os seus autorretratos!

25N - Día contra a violencia machista

Traballos do alumnado de Artes polo Día Internacional contra a violencia machista.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • Daniel Iglesias (XD)
  • Marta Outeiriño Gallego 
  • Liliana Lista

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

Traballos do alumnado de Volume (Bach. Artístico)

Compartimos algunhas imaxes da pequena exposición de traballos do alumnado de Volume, do Bacharelato artístico, que se pode atopar actualmente nas vitrinas da entrada do centro.

Empregaron diferentes materiais: habituais, como cartón, papel, barro, e non tan habituais como, arame e material de refugallo. Tomaron como referente o traballo escultórico de Alenxander Calder (pequenas esculturas móbiles negras), Alberto Giacometti e Louise Bourgeois (traballos en arame) ou o traballo de artistas minimalistas como Sol Lewitt ou Donald Judd (traballos xeométricos).

       

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achéganse as programacións didácticas dos cursos LOMLOE (1º ESO, 3º ESO e 1º BACHARELATO).

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Artes para os cursos pares (LOMCE).

Adaptación dos Criterios de Avaliación á nova lei

Con motivo da publicación do RD 217/2022 que regula a avaliación do presente curso, foi necesario realizar algunhas modificacións dos criterios de avaliación que se adapten ao novo formato e  calendario de avaliación, como consta no PDF adxunto para este departamento

DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS 2022-23

  • Xoan Carlos Fernández Ameal 
  • Marta Outeiriño Gallego (XD)
  • Iria de Cáceres

 

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG