Iniciar sesión: Acceso

Adultos

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

ESA

                                                                                                                                                  CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024

      SEGUNDO CUADRIMESTRE (MÓDULOS 2 E 4)                

 RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023 - 2024 (DOG do 23 de agosto de 2023).

CAPÍTULO III

Educación Secundaria

 Artigo 11. Prazo de matrícula

a) modalidade presencial

1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

- o 9 e o 19 de xaneiro de 2024 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulo 2 e Módulo 4):

                       Do 09 ao 12 de xaneiro de 2024 → prazo de inscrición para alumnado interno e de nova incorporación.

                       Do 15 ao 19 de xaneiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado de nova incorporación.

                       Do 01 ao 02 de febreiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado interno.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR 

INSCRICIÓN : impreso de solicitude de admisión debidamente cumprimentado e asinado, certificación académica persoal, fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria.

MATRÍCULA: impreso de solicitude de matrícula debidamente cumprimentado e asinado, resgardo de pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos) e dúas fotografías recentes tamaño carné.

Na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres e de 16:30 h a 18:00 h os luns pola tarde.

Artigo 13. Probas de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento (ámbito científico - tecnolóxico, ámbito da comunicación e ámbito social).

2. Durante os días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2024, realizaranse nos IES autorizados as probas de avaliación inicial (indicarase o horario nesta páxina web).

Artigo 14. Actividades lectivas

As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro (luns, 05 de febreiro) e as actividades lectivas rematarán en xuño (venres, 21 de xuño) de 2024.

Presentación do segundo cuadrimestre: o luns 05 de febreiro ás 18:15 h no salón de actos do IES Val do Tea.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA

O proceso de admisión na ensinanza secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nesta orde, no artigo 26.2, establécese que "Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)".

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

-Impreso de solicitude de admisión.

-Certificado de estudos (certificación académica do último curso/agás se é do Módulo I).

-Copia do DNI.

-Copia da tarxeta sanitaria.

A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00h a 14:00h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30h a 18:00h.

Para calquera aclaración poderá chamarse ao teléfono do centro: 886 110 513.

 

DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL

As datas de realización das probas de avaliación inicial para a Educación de Persoas Adultas serán os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2023 no IES Val do Tea no seguinte horario:

ÁMBITO DÍA HORA LUGAR
DA COMUNICACIÓN 18/01/23 11:35 - 12:25 AULA DE CONVIVENCIA
SOCIAL 19/01/23 10:45 - 11:35 AULA DE CONVIVENCIA
CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO 20/01/23 11:35 - 12:25 AULA DE CONVIVENCIA

 

INICIO DO SEGUNDO CUADRIMESTRE NO IES VAL DO TEA PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

O inicio do segundo cuadrimestre da Educación Secundaria para as persoas Adultas terá lugar o luns 6 de febreiro do 2023 ás 18:15 h cunha sesión de presentación/acollida no Salón de Actos do IES VAL DO TEA para todo o alumnado e o profesorado.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS

PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS

MODALIDADE PRESENCIAL.

Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula para o segundo cuadrimestre:

- Prazo de inscrición: do 9 ao 11 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

Solicitude de inscrición

O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria para persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

- Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.

- Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.

- Solicitude de admisión.

- Fotocopia do DNI.

- Prazo de matrícula: do 12 ao 17 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimetre.

Solicitude de matrícula

- Solicitude de matrícula.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Dúas fotografías tamaño carné.

- Pagamento do seguro escolar en ABANCA.

 

PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL PARA PERSOAS ADULTAS - IES VAL DO TEA

PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL:

XANEIRO

Para as persoas sen requisito académico que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento. É necesario realizar a avaliación inicial fóra das datas establecidas, polo que a xefatura de estudos establece o seguinte calendario para a realización das mesmas:

ÁMBITO   COMUNICACIÓN SOCIAL CIENTÍFICO-TECNOLÓGICO
DATA 10/01/23 11/01/23 11/01/23
HORA 10:45 H 10:45 H 12:00 H
LUGAR AULA DE CONVIVENCIA AULA DE CONVIVENCIA AULA DE CONVIVENCIA

 

PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL

PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL -  IES VAL DO TEA

ÁMBITO DA COMUNICACIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO SOCIAL
DATA 09/09/2022 12/0972022 13/09/2022
HORA 10:00 H 10:00 H 10:00 H
LUGAR AULA CONVIVENCIA AULA  CONVIVENCIA AULA CONVIVENCIA

INICIO DO CURSO ACADÉMICO 2022 - 2023 NA ESA

APERTURA E PRESENTACIÓN DO CURSO ACADÉMICO 2022-2023 NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

ESA

 

Apertura e presentación do curso na ESA o xoves, 8 de setembro ás 18:15 h no Salón de Actos do IES Val do Tea para todo o profesorado e o alumnado dos Módulos I e III.

MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA DE PERSOAS ADULTAS

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ENSINANZAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS, BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS E ENSINANZAS NON REGRADAS NO CURSO ACADÉMICO 2022-2023

 Publicación no DOG do 1/8 da Resolución do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022-2023

Artigo12. Prazo de matrícula 

          a) Modalidade presencial

1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

           - O 1 e o 8 de setembro de 2022, ámbolos dous incluídos, para o      primeiro cuadrimestre (Módulos 1 e 3).                 

           - O 9 e o 17 de xaneiro de 2023, ámbolos dous incluídos, para o alumnado de nova                  incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos 2 e 4).

Artigo14. Proba de avaliación inicial

1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuaráselle unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada un dos tres ámbitos de coñecemento (Científico-Tecnolóxico, da Comunicación e Social).

2. Durante os días 9, 12 e 13 de setembro de 2022 e os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2023,  realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de avaliación inicial. Cando fose necesario, a xefatura de estudos establecerá unha nova data ou datas para realizala.

Artigo 15. Actividades lectivas

1. As actividades lectivas impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023.

2. As ensinanzas do primeiro cuadrimestre impartiranse desde o 8 de setembro de 2022 ata a primeira semana de febreiro incluída. As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro e as actividades lectivas rematarán o 21 de xuño de 2023.

3. Con carácter xeral, na modalidade  presencial impartiranse as ensinanzas dos módulos 1 e 3 no primeiro cuadrimestre.

4. O horario semanal é de 18:15 h a 21:30 h de luns a venres, ámbolos dous incluídos, cun recreo de 15 minutos diarios de 19:45 h a 20:00 h.

 

Artigo 9. Solicitude de inscrición

1. O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación na secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00 h.:

       -Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro           de escolaridade.

       -Declaración responsable de non estar escolarizado            nas mesmas ensinanzas noutro centro.

       -Solicitude de admisión (xunto con fotocopia do DNI).

       -Solicitude de matrícula (xunto con fotocopia da tarxeta sanitaria, dúas fotografías actualizadas tamaño carné e xustificante do abono das taxas (1,12 €)do seguro escolar (só para menores de 28 anos) nas oficinas de ABANCA na conta ES16 2080 3565 7130 4000 7768.

 

 

 

 

 

PRAZO DE MATRÍCULA PARA ACCEDER AS ENSINANZAS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS POLA MODALIDADE PRESENCIAL

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS POLA MODALIDADE PRESENCIAL

Segundo punto 19, Prazo de matrícula, da CIRCULAR 4/2021, DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS SOBRE A ORGANIZACIÓN E O FUNCIONAMENTO DOS CENTROS EPA E DOS INSTITUTOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA QUE IMPARTAN ENSINANZAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN PARA PERSOAS ADULTAS POLAS MODALIDADES PRESENCIAL E A DISTANCIA NO CURSO 2021/2022

As datas de inscrición para acceder aos módulos 1 e 3 das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, modalidade presencial, para o curso académico 2022/2023, serán entre o 1 e o 11 de xuño de 2021.

Documentación que se presentará no momento da solicitude de admisión:

- Fotocopia DNI

- Certificado de estudos (certificación académica do último curso)

- Impreso de solicitude debidamente cumprimentado

A solicitude presentarase na Secretaría do IES Val do Tea en horario de 9:00 a 14:00 h.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG