Iniciar sesión: Acceso

Filosofía

Entrega de premios "Repensando o amor"

O 7 de marzo tivo lugar na biblioteca do IES Pedra de Auga a entrega de premios do IV Certame Filosófico Intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras foron as seguintes:

- Modalidade A (ensaio):

     • ESO: Jimena Pilar Da Fonseca Necega (IES Val do Tea).

     • Bacharelato: Dana Pino Cebreiro (IES Val do Tea).

     • FP: Sara Ibáñez Carrera (IES Pedra de Auga).

- Modalidade B (imaxe):

     • ESO: María Rodríguez Vázquez (IES Pedra de Auga).

     • Bacharelato: Laura Otero López (IES Pedra de Auga).

     • FP: Sara Ibáñez Carrera (IES Pedra de Auga).

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas aquelas que participastes!

IV CERTAME FILOSÓFICO: REPENSAR O AMOR

Volve o concurso filosófico Repensar o amor!

O concurso vai dirixido ao alumnado matriculado no IES Pedra de Auga, no IES Val do Tea e no IES do Barral. Haberá dúas modalidades de participación:

Modalidade A: ENSAIO. Nesta modalidade, trátase de construír un ensaio PROPIO e ORIXINAL sobre o amor revisando algúns dos mitos que circulan na nosa sociedade sobre este sentimento e/ou aportando novos enfoques de comprensión de dito fenómeno na actualidade.

Modalidade B: IMAXE + LEMA. Nestoutra modalidade, o/a concursante presentará ou ben unha FOTOGRAFÍA FEITA POR EL/ELA MESMO/A ou ben unha ILUSTRACIÓN DE ELABORACIÓN PROPIA (en ningún caso se aceptarán imaxes descargadas) que recolla algún aspecto relacionado co amor e acompañará a imaxe dunha FRASE BREVE que lle dea voz ou a explique e que convide á reflexión.

En cada unha desas modalidades, estableceranse catro seccións de concorrencia ao concurso correspondentes ao NIVEL académico do alumnado, a saber: ESO, BACHARELATO, ESA ou CICLOS FORMATIVOS.

Podedes consultar as bases neste enlace.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • Lourdes Ferreiro Díaz (XD)
  • Miguel A. Rodríguez
  • Javier Travieso

Premios do concurso "Repensar o amor"

O 24 de marzo tivo lugar na biblioteca do noso IES a entrega de premios do concurso filosófico intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras e finalistas foron as seguintes:

- Modalidade A (ESO):

     • Gañador: Hugo Menéndez Farpón (IES Pedra de Auga).

     • Finalista: Alejandra Pérez Cuevas (IES Pedra de Auga).

- Modalidade B (Bacharelato):

     • Gañadora: Sofía Rodríguez Fernández (IES Val do Tea).

     • Finalistas: Sofía Tellado Muñoz (IES Val do Tea), Antía Martínez Pérez (IES Pedra de Auga) e María Alba Ramallo Martínez (IES Val do Tea).

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

 

 

 

3º CONCURSO DE ENSAIO FILOSÓFICO - REPENSAR O AMOR

Un ano máis, o Departamento de Filosofía convoca o "Concurso de ensaio filosófico: Repensar o amor".

O concurso vai dirixido ao alumnado matriculado no IES Val do Tea, no IES Pedra de Auga e no IES do Barral. Haberá catro modalidades de participación:

➔ Modalidade A: alumnado da ESO.

➔ Modalidade B: alumnado de Bacharelato.

➔ Modalidade C: alumnado de FP.

➔ Modalidade D: alumnado da ESA.

Trátase de construír un ensaio PROPIO e ORIXINAL sobre o amor revisando algúns dos mitos que circulan na nosa sociedade sobre este sentimento e/ou aportando novos enfoques de comprensión de dito fenómeno na actualidade.

Consultar bases aquí

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica para a materia de PROXECTO COMPETENCIAL (1º E 3º ESO).

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Filosofía para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)

ADENDA PROGRAMACIÓN

ADENDA PROGRAMACIÓNS LOMCE 22-23

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (CURSOS LOMCE)

Adxúntase a programación didáctica do departamento de Filosofía dos cursos LOMCE (cursos pares).

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG