Iniciar sesión: Acceso

Saídas didácticas

Información, imaxes e vídeos relacionados coas saídas didácticas.

Visitamos a Aula Newton

O pasado venres, o alumnado do Bacharelato de Ciencias tivo a oportunidade de coñecer a Aula Newton. Trátase dunha aula de aprendizaxe de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas (STEM) destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade cun enfoque totalmente práctico e moi innovador.

Sen dúbida foron unhas horas ben aproveitadas.

Unha semana chea de novas experiencias

Compartimos convosco algunhas imaxes das diversas viaxes que realizou parte do noso alumnado a semana pasada.

Agardamos que vos gusten!

Álbum: Curso 2023-24 -> Viaxes curso 23-24

Semana das viaxes no VdT

Rematou unha semana chea de novas aventuras!

Mentres o alumnado de 2º ESO aprendía a esquiar en Andorra, os rapaces e rapazas de 4º ESO pasaban a semana percorrendo as rúas de Barcelona, Tarragona e, como non, PortAventura!

Pola súa parte, o alumnado de 2º Bacharelato practicaba inglés e descubría o encanto de Edimburgo e os seus arredores.

Máis preto da casa, pero non por iso menos interesante, as alumnas e alumnos de Antropoloxía pasaron uns días percorrendo diversos museos da nosa xeografía.

Sen dúbida, unha semana para recordar. Agardamos que disfrutásedes da experiencia!

Coñecemos máis de preto a Universidade de Vigo

Parte do noso alumnado de 2º Bacharelato visitou este luns a Universidade de Vigo, na procura de seguir orientando o seu futuro máis inmediato!

O vindeiro curso, moitas das nosas alumnas e alumnos volverán percorrer os corredores da UVigo ou de calquera outra universidade, continuando camiño cara a un futuro que lles auguramos realmente prometedor!

Visitamos a vila de Castelao e Manuel Antonio

Como xa é habitual no noso centro, un ano máis o alumnado de 2º Bacharelato tivo a oportunidade de visitar a vila natal de Castelao e Manuel Antonio e achegarse así máis de preto á vida e obra destas grandes figuras da nosa historia. Malia que chova, Rianxo é visita obrigada!

O noso alumnado de PDC en Wales!

Compartimos convosco un pequeno álbum con imaxes do paso do noso alumnado de PDC polo Ysgol Cwm Brombil (Port Talbot). Sen dúbida unha semana inesquecible, as imaxes non fan xustiza da experiencia vivida polas nosas alumnas e alumnos. 

Álbum: Curso 2023-24 -> Wales 2024

As nosas artistas visitan a EASD Antonio Faílde

Esta semana, o alumnado de 2º Bacharelato de Artes achegouse á Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde para coñecer mellor a oferta formativa que ofrece, pois é unha das escolas galegas de arte que pode resultar de interese para a súa formación futura. Estamos desexando saber que será destas artistas nun futuro!

 

Hello from Wales!

O noso alumnado de PDC xa está en Port Talbot! Esta mañá reencontráronse cos seus compañeiros e compañeiras galesas e compartiron un interesante día de clase no Ysgol Cwm Brombil. 

Agárdanlles aínda outros catro días cheos de bonitas experiencias!

Podedes seguir máis de preto esta aventura no Instagram do Ysgol Cwm Brombil's International Club.

Visitamos a Feira das Ensinanzas

Este xoves, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar a Feira das Ensinanzas que organiza o Concello de Ponteareas e coñecer máis de certa a oferta formativa dos arredores.

Achegámonos ao mundo grecolatino con Antígona

Na mañá de onte, o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Artes escénicas asistiu á representación de Antígona, de Sófocles, representada polo Grupo Corzos Reunidos, casa de Castilla la Mancha (A Coruña). Esta representación forma parte da programación do Festival de teatro grecolatino deste ano e tivo lugar no Teatro Municipal de Tui.

Fixérono ademais acompañados do alumnado de 4º Primaria do CEIP Plurilingüe Santiago de Oliveira. Sen dúbida, unha actividade interesante para todos e todas elas.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG