Iniciar sesión: Acceso

Radio Ondas do Tea

Búscanos en IVOOX: IES Val do Tea

Programa especial 8M

Desde o Equipo de Igualdade, en colaboración co Departamento de Lingua Castelá e Radio, compartimos convosco este programa especial de radio, composto por tres episodios que cobran especial relevancia coa conmemoración este venres do 8M, Día Internacional da Muller.

Celebramos o Día Mundial da Radio

Esta mañá, para conmemorar o Día Mundial da Radio, un grupo de alumnas e alumnos participou no programa de radio que organiza o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas).

Podedes ver o programa neste enlace (e a nosa participación a partir do 02:12:00):

Grandes deportistas do Val do Tea!

Compartimos convosco o noso novo programa, nesta ocasión dedicado aos grandes deportistas que percorren os corredores do Val do Tea!

Para comezar, deixámosvos 2 entrevistas: Nerea e Yeray, xogadores de voleibol; e Adrián, xogador de fútbol.

Escoitádeas!

 

Contos de terror nas Ondas do Tea

Arrincamos unha colección de lecturas de relatos de terror dos grandes autores e autoras da literatura universal.

Agardamos que vos axuden a pasar unha terrorífica velada nestes días de Defuntos!

 

  

 

Que pasa no Tea? O magazine de 3º PDC

Compartimos convosco o primeiro episodio de Que pasa no Tea, un podcast creado polas alumnas e alumnos de 3º PDC. Un programa magazine onde poderedes atopar humor, espectáculo, entretemento, deporte, literatura,... e moito máis!

     

    

Parabéns, rapazas e rapaces polo voso traballo!

Fernández del Riego da man do noso alumnado de 1º Bacharelato

Queredes saber máis do homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas?

Podedes facelo da man do noso alumnado de 1º Bacharelato e dos seus podcast, cos que participaron no "V Concurso de Podcasts - Radio na biblio".

Bo traballo, rapazas e rapaces!

  

Benvidas e benvidos a Ondas do Tea!

Despois dun tempo soando a través dos altofalantes do centro, chega á rede a nosa radio: ONDAS DO TEA! Estreamos canle de IVOOX para chegar onda todas e todos vós.

Neste primeiro programa, o alumnado de Bacharelato aproveitou a visita de Irene Moreira -directora de escena e profesora de Arte Dramática na ESAD de Vigo- para facerlle unha pequena entrevista.

Agardamos que vos preste!

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG