Iniciar sesión: Acceso

Xefatura de estudos

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ESO-BACHARELATO)

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24 

Está aberto o prazo para a inscrición do alumnado que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 11 de marzo

Alumnado 4º ESO: o alumnado que obteña o título de graduada ou graduado na ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación de competencia dixital. Este alumnado pode presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Quen titule ou supere a proba específica, recibirá a certificación ComDix correspondente. Esta acreditación terá unha validez de 5 anos a partir da data da proposta de título da alumna ou alumno ou da realización da proba específica.

Alumnado Bacharelato: a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1,2,3, e 5 do nivel intermedio. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que un alumno/a obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.

O alumnado que desexe participar debe comunicalo ao equipo directivo para proceder á súa inscrición. Este alumnado debe estar matriculado en 4ºESO ou 2º Bacharelato.

  • A proba específica que acredita a área de dominio 4 do nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
  • As probas realizaranse no centro.

 

O alumnado que rematase a ESO nos cursos 2021/2022 ou 2022/2023 pode solicitar acreditación, de ter parcipado nun mínimo de 3 cursos no programa E-Dixgal.

 

 Para máis información, pódese visitar a páxina https://competenciasdixitais.xunta.gal/index.html ou preguntando no propio centro.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA. INFORMACIÓN

Neste enlace poden consultar toda a información relativa ao procedemento de admisión e matrícula no centro.

XORNADA INFORMATIVA CURSO 2024-2025

O vindeiro día 6 de febreiro, teremos sesións informativas pola tarde para resolver dúbidas ás familias, tanto de alumnado que xa está a cursar os seus estudos no IES Val do Tea, como alumnado que se incorpore ao centro no curso 24-25.

 

Na seguinte imaxe podedes consultar os horarios para cada curso:

HORARIO: Segundo o curso que o alumnado vai a cursar no vindeiro ano 2024-2025 

 

1º ESO: 18.30 - 19.30 horas

2º ESO: 16.30 - 17.00 horas

3º ESO: 17.00 - 17.30 horas

4º ESO: 17.30 - 18.30 horas

BACHARELATO (1º e 2º): 19.30 - 20.30 horas

 

 

DATAS ABAU. PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO

Segundo a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa:

 

 

  1. As datas das probas da ABAU realizaranse:

    • −  Convocatoria ordinaria4, 5 e 6 de xuño de 2024.

    • −  Convocatoria extraordinaria2, 3 e 4 de xullo de 2024.

  2. Prazos e procedemento para as reclamacións:

PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS 22-23

Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, para o curso 2022-2023.

Adxúntase a Circular 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, así coma a táboa resumo coas datas.

 

DATAS ABAU 2023

Aquí tendes o recordatorio das datas da proba ABAU.

 

Para máis información, podedes acceder á páxina web da CIUG.  

 https://www.ciug.gal/gal

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2022-23

As programacións didácticas (tanto dos cursos LOMCE como LOMLOE)  están publicadas nos correspondentes departamentos didácticos.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2021-2022

 

As programacións didácticas dos diferentes departamentos, incluídos os criterios de cualificación, atópanse á disposición da comunidade educativa na Xefatura de Estudos.

PROCEDEMENTO PARA AS RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS 2018/19

Acceda á información no seguinte enlace:  RECLAMACIÓNS

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

As programacións didácticas dos departamentos, incluídos os criterios de cualificación, atópanse á disposición da comunidade educativa na Xefatura de estudos.

 

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG