Iniciar sesión: Acceso

Bioloxía e Xeoloxía

Visitamos a Feira dos minerais de Guláns

Como xa é tradición, un ano máis volvemos á Feira dos minerais de Guláns! Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO o que asistiu. Ademais de visitar a feira, tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros de identificación de minerais e Mineraloxía.

Creamos conciencia medioambiental

O noso alumnado da ESO participou ao longo desta última semana de outubro nunha actividade de concienciación ambiental levada a cabo por parte do persoal de voluntariado do Concello. Nesta explicouse a importancia do coidado dos nosos ríos, apoiándose nunha escultura con forma de váter feita con toalliñas recollidas este verán no río Tea.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2023-24

  • María González (XD)
  • Fernando Goiriz
  • Laura Cal

Visitamos a Feira dos Minerais de Guláns

O pasado venres 5 de maio o alumnado de 1º ESO visitou a Feira dos Minerais que se organiza cada ano en Guláns. Alí puideron participar nun obradoiro de identificación de minerais, impartido pola Escola de Minas e Enerxía de Vigo; e noutro de Mineraloxía, levado a cabo polo Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego. Sen dúbida, foi unha visita moi didáctica.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DA ESO: MODIFICACIÓNS

Segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de maio de 2022 que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final. Adxúntanse, polo tanto, as Programación Didácticas da ESO, tanto dos cursos LOMCE (cursos pares) coma LOMLOE (cursos impares) coas modificacións pertinentes.

XVIII Olimpíada de Bioloxía - Fase Galega

O venres 17 de febreiro, a nosa alumna Amalia C. I., de 2º de Bacharelato, participou na fase galega da XVIII Olimpíada de Bioloxía, xunto con outros alumnos e alumnas seleccionados de diversos centros galegos.

Parabéns, Amalia polo teu traballo e esforzo!

 

A aventura de coñecer os alimentos con Eva Covelo Tizón

Eva Covelo, tecnóloga dos alimentos (e antiga alumna do noso centro) visitou o alumnado de 3º da ESO para desvelar certas verdades, mentiras e mitos da alimentación.
Graciñas por eses datos tan interesarios e necesarios nos nosos días!

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2022-2023 (CURSOS LOMLOE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Ciencias Naturais para os cursos LOMLOE (1ºESO, 3ºESO e 1ºBAC)

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (cursos LOMCE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Ciencias Naturais para os cursos LOMCE (2ºESO, 4ºESO e 2ºBAC)

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2022-23

  • María González (XD)
  • Laura Arranz
  • Fernando Goiriz
Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG