Iniciar sesión: Acceso

Exposicións

Información, imaxes e vídeos relacionados coas actividades.

Autorretratos 2º Bacharelato

O feito de que no Bacharelato de Artes temos verdadeiras artistas sabémolo ben no Val do Tea, e para mostra só tedes que achegarvos a ver os seus autorretratos!

25N - Día contra a violencia machista

Traballos do alumnado de Artes polo Día Internacional contra a violencia machista.

LETRAS GALEGAS 2023

No IES Val do Tea celebramos as Letras Galegas os 365 días do ano!

E con motivo deste 17 de maio, 60º edición do Día das Letras Galegas, non esquecemos conmemorar a figura de Francisco Fernández del Riego, grande intelectual e defensor da lingua e a cultura galega (e fundador ademais da celebración do Día das Letras Galegas!). 

"Na lingua, sáibano ou non os indiferentes, está o máis íntimo e san do noso espírito". Francisco Fernández del Riego.

O mes da poesía

Neste mes de marzo estase a desenvolver unha exposición de poesía no eirado e nas árbores medraron follas e poemas.

 

Traballos do alumnado de Volume (Bach. Artístico)

Compartimos algunhas imaxes da pequena exposición de traballos do alumnado de Volume, do Bacharelato artístico, que se pode atopar actualmente nas vitrinas da entrada do centro.

Empregaron diferentes materiais: habituais, como cartón, papel, barro, e non tan habituais como, arame e material de refugallo. Tomaron como referente o traballo escultórico de Alenxander Calder (pequenas esculturas móbiles negras), Alberto Giacometti e Louise Bourgeois (traballos en arame) ou o traballo de artistas minimalistas como Sol Lewitt ou Donald Judd (traballos xeométricos).

       

Exposición Irlanda e San Patricio

Inaugurada a exposición temática Irlanda e San Patricio no IES val do Tea.

Agradecemos públicamente as aportacións e convidamos aos membros da nosa comunidade educativa a visitala no horario de apertura do centro.

          

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG