Iniciar sesión: Acceso

Novas do EDLG

Iria e Lía na VIII edición do Concurso de recitado "Rosalía sempre viva"

Este sábado, as nosas alumnas de 1º Bacharelato, Iria M. e Lía B. participaron no concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva", que organiza a Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei). Un ano máis, a calidade de recitado de todas e todos os participantes foi realmente sorprendente, e desde o IES Val do Tea non podemos estar máis orgullosas e orgullosos das nosas alumnas e do seu magnífico traballo!

E para máis ledicia, Iria gañou o premio ao mellor recitado na Categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos! Parabéns polo merecido premio!

  

Entroido 2024

A chuvia non puido coas nosas ganas de Entroido! E para mostra, un pequeno álbum de recordos.

Agardamos que vos guste.

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido 2024

Celebramos o Día Mundial da Radio

Esta mañá, para conmemorar o Día Mundial da Radio, un grupo de alumnas e alumnos participou no programa de radio que organiza o IES Pedras Rubias (Salceda de Caselas).

Podedes ver o programa neste enlace (e a nosa participación a partir do 02:12:00):

Ollo! Chega o Entroido... e con el as ordes do meco!

Arrincamos a semana do Entroido e para iso non queda outra que facer caso ao meco, así que xa sabedes: a semana que vén todas e todos atentos ao que toca facer cada día! E preparade as vosas mellores galas para a celebración do venres!

Xa sabedes de que vos ides disfrazar? E a que agardades?!

"Luns: O Entroido xa comeza, ven a clase con algo vistoso na cabeza."

Coñecemos a figura do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego

Esta mañá o alumnado de 1º ESO e 3º PDC tivo a oportunidade de achegarse ao cinemóbil do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego, da man de Vía Láctea Filmes. Toda unha experiencia!

Magosto 2023

Velaquí o tan agardado álbum de fotos do Magosto deste ano! 

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Magosto 2023

No mes de outubro, chegan os concursos do EDLG!

Chega o outono, e con el os concursos do EDLG! Animádevos a participar! 

"Toca cociñar!"

Convidámosvos a participar na III edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:

Elabora un doce e decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.

- Copia nun papel a receita deixando ben claro cales son os ingredientes que empregaches. Por suposto, debes escribir en galego.

- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no mesmo papel onde escribiches a receita. O teu nome real só debe coñecelo a persoa que recolla os doces.

- O día de entrega será o venres 3 de novembro antes do 1º recreoTerás que deixalo no lugar que se habilitará para iso. (podes preguntar en conserxería antes de entrar a 1ª hora).

- Durante o 1º e segundo recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán premios.

Outono-Tea

Buscamos grandes fotógrafas/os!

- Fai unha foto que reflexe a beleza desta estación: o outono (non ten por que ser unha paisaxe, pode ser un obxecto, un detalle relacionado con esta estación… o que ti queiras)

- Pensa nalgunha frase, versos, ideas que che inspire esa foto que fixeches.

- Crea un documento no que achegues esas dúas cousas e envíao antes do venres 8 de novembro ao seguinte correo:

normalizacionvaldotea@gmail.com

- Recorda que debes empregar o galego.

 

Orgullo Galego visita o Val do Tea!

Na tarde de onte, luns 8 de maio, dentro das actividades previstas para a conmemoración do Día das Letras Galegas, contamos coa presenza de Orgullo Galego. O alumnado de 1º Bacharelato tivo a oportunidade de charlar con Borxa sobre o galego e a súa presenza nas redes sociais.

Grazas, Orgullo Galego, pola vosa visita!

 

Correlingua 2023

Onte, mércores 3 de maio, o alumnado de 1º ESO participou, xunto con outros centros de Ponteareas, Tui, As Neves e O Porriño, no Correlingua 2023.

O Correlingua é unha celebración en prol dos dereitos da lingua galega que organiza a Asociación Cultural Correlingua e que cada ano percorre as distintas comarcas de Galiza. Este ano, ao seu paso por Ponteareas, o alumnado do Val do Tea non podía faltar! 

 

24 de abril, celebramos o Día do Libro

Este 24 de abril celebramos o Día do Libro! 

O EDLG, como vén facendo nos últimos anos, organizou un amig@ invisible entre o alumnado de 2º Bacharelato e o profesorado que tivo unha moi boa acollida e no que se agasallaron lecturas realmente interesantes!

Ademais, desde a Biblioteca organizouse un pequeno posto de intercambio/agasallo de libros no que podedes coller o libro que vos apeteza ler, do mesmo xeito que compartir aquel que teñades por casa e xa non precisedes, para que outra persoa teña ocasión de lelo. A que agardades para pasar por el?!

"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave ca un libro", Emily Dickinson.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG