You are here50 ANOS DO IES, Acceso Universidade, Consello escolar, Dependencias, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Impresos, Libros de texto, Localización, Matrícula / Admisión, Oferta educativa, Organigrama, PAT, PEC, Persoal non docente, Plan de Autoprotección, Plan de Convivencia, Plan Dixital , PPSaude, Profesorado, Programacións Didácticas, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico, RRI, Secretaría, Solicitude de certificados, Taboleiro
50 ANOS DO IES, Acceso Universidade, Consello escolar, Dependencias, Documentos do Centro, Equipo Directivo, Impresos, Libros de texto, Localización, Matrícula / Admisión, Oferta educativa, Organigrama, PAT, PEC, Persoal non docente, Plan de Autoprotección, Plan de Convivencia, Plan Dixital , PPSaude, Profesorado, Programacións Didácticas, Proxecto Lector, Proxecto Lingüístico, RRI, Secretaría, Solicitude de certificados, Taboleiro
NOVO PRAZO VALIDACIÓNS MATERIAS PARA 1º BAC
Acábase de publicar o Real decreto 14/2023 polo que se modifica o decreto que establecía as convalidacións entre as ensinanzas profesionais de música e danta e a educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Conforme ao establecido nas instrucións publicadas pola Consellería de Educación, ábrese un novo prazo ata o 7 de febreiro para solicitar validacións para o alumnado de 1º BAC que cumpra os requisitos recollidos nestas instrucións.
LIGAZÓN ÁS INSTRUCIÓNS VALIDACIÓNS 1º BAC
ENTREGA LIBROS DE TEXTO CURSO 22-23
Os libros do alumnado beneficiario do fondo de libros entregaranse entre os días 8 e 9 de setembro.
Serán os titores dos alumnos quen lles entreguen unha bolsa cos libros asignados máis o xustificante de entrega que deberá ser devolto, debidamente asinado polos responsables ao día seguinte.
CALENDARIO ADMISIÓN FP
O prazo de admisión para os Ciclos de FP estará aberto dende o día 23 de xuño ás 9:00 ata o 5 de xullo ás 14:00h.
Máis información preme aquí
CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
Publicada a orde pola que se convocan as axudas para o fondo solidario de libros de texto para o curso 2022/23.
PRAZO DAS SOLICITUDES: dende o 19 maio ata o 22 de xuño incluído.
-Acceso á aplicación para a solicitude telemática.
-ANEXO I e II, para a presentación presencial na secretaría do centro
PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO
Aberto o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato. Dirixido a todo o alumnado que rematara os seus estudos o curso 2021/22. O prazo para solicitar a participación vai dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.
DIRECTRICES SOBRE O USO DE MÁSCARAS
Publicado, por parte da Dirección Xeral de Saúde püblica, as directrices sobro o uso de máscaras no ámbito educativos.
Recoméndase o uso da máscara nos seguintes casos:
- Persoal traballador do centro educativo.
- Alumnado do centro educativo.
- Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
- Persoas traballadoras.
- Visitas cando estean en zonas compartidas.
- Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.
PRIMAVERA XOVE
Trasladamos a información que nos chegou sobre o programa Primavera Xove proposto pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O obxectivo deste programa é o de ofrecer novas iniciativas e alternativas saudables de ocio á mocidade para o seu tempo libre e levarase a cabo entre os meses de maio a xuño. Está composto por tres formatos de accións diferentes totalmente gratuítas que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas.
USO DAS MÁSCARAS NO PATIO
As Consellerías de Sanidade e Educación publicaron o pasado venres 18 pola tarde un comunicado no que anuncian o acordo de deixar de recomendar o uso de máscaras nos espazos ao aire libre nos centros educativos, polo que:
- O uso da máscara no patio do centro pasa a ser voluntario.
- O uso da máscara dentro do centro educativo segue a ser obrigatorio.
- Recoméndase que o alumnado leve ou un recipiente que lle permita gardar a máscara en caso de que a quite no patio ou algún mecanismo que lle permita tela colgada e volver a poñer facilmente no momento en que entre no recinto escolar.